
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ourense colaborarán na celebración do vindeiro Festival de Cine Internacional (OUFF), que desenvolverá a súa vixésimo primeira edición do 28 de outubro ao 5 de novembro e iniciará unha nova etapa con Fran Gayo como director artístico.
O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asinaron hoxe na cidade das Burgas o convenio polo que establecerán accións conxuntas que afonden na promoción e potenciación do sector audiovisual galego no marco do OUFF. Deste xeito, iniciativas organizadas pola Agadic no anterior OUFF, como foron o I Encontro de Coprodución Portugal Galicia ou a presentación en primicia do catálogo de promoción internacional Films from Galicia, poderán ter continuidade.
En virtude do acordo, a Agadic comprométese a cofinanciar o evento, actualmente en prazo aberto de recepción de películas, e que para a súa próxima entrega incorporará nova estrutura e contidos a través dun programa conformado por dúas seccións competitivas, desta volta centradas no cine iberoamericano e nas óperas primas.
Cine galego recente
Tamén haberá lugar para as retrospectivas de cineastas consagrados e para monográficos de novos directores, así como para unha programación paralela de sesións dedicadas a realizadores galegos e escolmas de filmes destacados no panorama do cine galego do último ano. Outras actividades buscarán tamén atraer o público de máis curta idade e o xuvenil, con iniciativas especificamente deseñadas para eles e mesmo xornadas escolares.
No acto de hoxe, no que se deu a coñecer a páxina web www.ouff.org e o cartel do 21º OUFF, participou tamén Fran Gayo (Xixón, 1970), quen conta cunha longa traxectoria profesional como programador de certames como o FicXixón, o Bafici de Bos Aires ou do Centro Niemeyer de Avilés, entre outras responsabilidades.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.