Notas de prensa

Preséntase na Coruña a edición 2016 do festival de fotografía Visions

O responsable municipal de Culturas destaca a oportunidade de “contribución" da institución “sen tutelaxes” ao proxecto, que inclúe por vez primeira un concurso de fotografía aberto a todos os públicos. José Manuel Sande destaca a "convivencia de distintos modelos de xestión cultural na Coruña" durante a presentación da nova edición do festival de fotografía Visions, "unha iniciativa da propia comunidade creativa".

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a nova edición do festival de fotografía Visions, que terá lugar entre os días 19 e 21 de agosto. A iniciativa, promovida polo Colectivo 15001, naceu no ano 2013 obxectivo de achegar a fotografía á cidadanía e dinamizar espazo público na Cidade Vella a través da actividade creativa. O concelleiro salientou o respaldo do Concello a unha proposta "de xestión cidadá", que nace "dunha iniciativa que provén da propia comunidade creativa". "Este Goberno local ten un reto por diante, que é resolver a relación co tecido cultural coa cidade e as súas distintas plasmacións", expuxo Sande, "polo que pretende favorecer a convivencia de distintos modelos de xestión cultural". Neste sentido, o responsable municipal sinalou que Visions "é un exemplo" de iniciativa "de como o Concello pode acompañar" as propostas cidadás "sen caer en tutelaxes nin dirixismos". A cuarta edición do festival, na que se realizarán distintos obradoiros e actividades gratuítas e abertas á participación cidadá, contará por vez primeira cunha arista convidada, a fotoxornalista Bandía Ribeira, gañadora Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado.

Nun avance da programación desta edición, o seu coordinador, Marcos Ferreiro, sinalou que este ano se realizarán distintas actividades gratuítas "na rúa, sempre que o permita a meteoroloxía", para fomentar "a participación cidadá", e complementarias á presentación dos traballos das e dos fotógrafos, "que se fai dunha forma lixeira e cómoda a través de proxeccións" no espazo público. Entre outras actividades, profesionais como Javier Trigales ou a propia Bandía Ribeira ofrecerán distintos talleres ás e aos asistentes; realizaranse debates, obradoiros de fotografía analóxica e revelado ou de encadernación artesanal; un mercado popular de venda e intercambio de elementos do universo da fotografía e o Fotocircus, o obradoiro de fotografía analóxica dirixido ao público infantil que este ano dirixirá Alberto López, profesor do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo). Ademais, e desde o 12 de agosto, exhibiranse 5 mostras en papel en distintos espazos da Cidade Vella: Morte Terra, de Matteo Bertolino; Prospekt Moskow, de Simone Maestra; Latexos, de Luis Botana, Life is great, without it you'd dead, de Bandía Ribeira; e unha escolma da obra de Yorgos Karalia.

Unha das novidades principais desta cuarta edición será a posta en marcha dun concurso de videografías "para facilitar a súa exhibición en distintas localizacións da Cidade Vella", sinalou Alberto Pombo, un dos promotores de Visions. A iniciativa, de temática libre, é aberta a todo o público, en especial a todas aquelas persoas con interese nesta disciplina, sexan profesionais ou non. Os proxectos presentados deberán ser orixinais, ter unha duración máxima de 3' 30''', ter como formato o vídeo mp4 codec H264 e deberán enviarse, desde mañá, 18 de xuño, até o vindeiro 1 de agosto, á dirección [email protected]. Un xurado escollerá 12 traballos finalistas, que serán proxectados os días 19 e 20 de agosto e estarán publicados na web do festival, onde mediante votación popular, serán escollidos os proxectos gañadores.

O festival realiza a noite do 18 de xuño, a partir das 21 horas, unha presentación aberta ao público na praza de Santa María, na que se proxectarán traballos de artistas que formaron parte da programación nas anteriores edicións, e actuarán Jauja e Daria Ruzaykina.

Para máis información sobre Visions, pode consultarse a páxina web do festival, www.visionsfest.com

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña, 2016-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES