Notas de prensa

Remata Galicia Escena Pro cun pitching de proxectos e varias estreas teatrais

O mercado galego de artes escénicas para profesionais e para o público xeral conclúe en Santiago coa participación de más de 120 axentes culturais e 37 compañías. Galicia Escena Pro pecha coa estrea de O conto da Azuzaina e as últimas producións de Morcego, La Yogurtera e Chévere.

A cuarta edición de Galicia Escena PRO, o mercado das artes escénicas organizado en Santiago pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), chega o xoves 9 de xuño á súa fin tras catro xornadas nas que se combinou a exhibición e a presentación das novas propostas de 37 compañías co intercambio profesional entre os máis de 120 axentes culturais acreditados.

Esta cuarta e última xornada dará comezo ás 11.00 horas na Fundación SGAE coa estrea absoluta de ‘O conto da Azuzaina’, un espectáculo para público infantil de entre 7 e 11 anos que coproducen Limiar Teatro, Esteoeste e Crémilo. Música en directo, malabares e manipulación de obxectos mestúranse nesta proposta que aborda a diversidade familiar desde unha perspectiva lúdica e festiva. Fran Núñez é o seu director, ademais de integrar o elenco xunto a Herminio Campillo e José Carlos Illanes.

Impulso á difusión dos novos traballo
s
A continuación, terá lugar neste mesmo espazo compostelán as presentacións de proxectos en formato ‘pitching’, que a Agadic organiza por segundo ano consecutivo dentro de Galicia Escena PRO co obxectivo de achegar a posibilidade de difusión dos seus traballos a un maior número de compañías, ao tempo que se amplía a panorámica que sobre a actualidade escénica galega se lles ofrece aos programadores acreditados.

Este ano serán 10 as formacións que darán conta dos seus novos proxectos nesta sesión, na que intervirán Cinema Sticado, Compañía Borja Fernández, Contraproducións, Eme 2 Emoción&Arte, Grupo Chévere, Mago Rafa, Os Monicreques de Kukas, Soliloquio Producións Teatrais, Teatro Babaluva e Teatro Ghazafelhos. Cada unha delas terá un máximo de seis minutos para adiantarlles aos asistentes as producións que están a preparar nestes momentos.

A prioridade é reforzar a promoción da actividade escénica galega diante dos profesionais encargados de deseñar as carteleiras culturais. Para eles pensouse igualmente o programa de exhibición de espectáculos completos e ‘showcases’ a modo de catálogo ao vivo de espectáculos en fase de contratación, presentados tanto por compañías históricas ou xa consolidadas como por colectivos de recente creación.

Oferta para o público xeral

Ao tempo, Galicia Escena PRO busca tamén impulsar unha maior visibilidade da oferta escénica entre o público xeral, que está a gozar desta programación mediante o acceso gratuíto aos espectáculos en formato completo, en función da capacidade de cada espazo.

Mañá pola tarde terán lugar as tres últimas representacións incluídas nesta carteleira aberta. Teatro do Morcego porá en escena ás 17.30 horas no Auditorio Abanca ‘Nosa Señora das Nubes’, versión da galardoada obra de Arístides Vargas interpretada por Josi Lage, Celso Parada, Mundo Villalustre e Pablo Costas. Parada é tamén o director escénico desta montaxe sobre a memoria dos expatriados e o desarraigamento provocado pola diáspora.

La Yogurtera chega a Galicia Escena PRO coa adaptación doutro coñecido dramaturgo internacional, o norteamericano Neil LaBute, autor de ‘A forma das cousasÂ’. Carlos Ãlvarez-Ossorio asina a dirección e a dramaturxia desta peza, que poñen en escena Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez, Machi Salgado e Pablo Seoane, quen se encarga da música en directo. La Yogurtera debuta na produción teatral con esta provocadora historia sobre os límites do amor e da arte contemporánea, que poderá verse no Teatro Principal ás 19.00 horas.

A última cita desta cuarta edición do mercado das artes escénicas será ás 22.30 horas no Salón Teatro con Chévere e ‘Eroski Paraíso’, proposta escrita por Manuel Cortés e dirixida por XRon. Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez interpretan este espectáculo, que é o resultado dun proceso de investigación de varios meses que logo se concretou no local de ensaio. A conversión da sala de festas O Paraíso de Muros nun supermercado serve aquí para narrar o desarraigamento vital dunha xeración que experimentou o paso dunha sociedade tradicional a unha sociedade de consumo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES