Notas de prensa

Arqueoloxía “didáctica e divulgativa”, na última publicación da Deputación de Ourense, obra do historiador José María Eguileta

Manuel Baltar afirma que se trata “dun libro imprescindible para que os ourensáns coñezamos máis a fondo a nosa historia e para que os que nos visitan saiban da esencia do noso ser e das nosas orixes”. José María Eguileta explica que a obra “ofrece ao lector pinceladas arqueolóxicas da cidade e da provincia de Ourense".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o historiador José María Eguileta Franco, presentaron o libro Dende Auria. Reflexións sobre arqueoloxía e historia, obra do propio Eguileta que achega ao lector “pìnceladas arqueolóxicas de Ourense, de maneira didáctica, divulgativa e desenfadada”, explicou o autor, no acto de presentación que tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. A publicación, editada pola Deputación de Ourense, é un conxunto de artigos, publicados no xornal Faro de Vigo, onde Eguileta fai un repaso pola historia da cidade e da provincia de Ourense, sobre da zona da Baixa Limia.

Manuel Baltar destacou que esta é unha obra “de lectura imprescindible”, por entender que nos permite aos ourensáns coñecer máis a fondo a nosa historia, e aos visitantes, saber da esencia do noso ser e das nosas orixes, todo elo da man dun especialista en Ourense, como é José María Eguileta”, sinalou o presidente do goberno provincial.

Baltar lembrou que o autor tamén fai mención no seu libro a “dous grandes mestres da ourensanía: Xaquín Lorenzo, Xocas, e Florentino Cuevillas, e remata a publicación con Elvira Cuevillas, un apartado moi especial do libro que é outra razón máis para cualificar a esta obra como básica para todos aqueles que estamos namorados de Ourense”.

José Maria Eguileta explicou que a obra estrutúrase en seis capítulos: o primeiro, “Historias da cidade de Ourense”, fai un repaso pola orixe da cidade, as escavacións e os deuses da cidade. En “pinceladas da cidade”, o autor fala da historia e evolución dos cemiterios e a vida cultural de Ourense, e tamén dedica un capítulo á provincia, principalmente á comarca da Baixa Limia. Os últimos tres capítulos céntranse no método arqueolóxico, a lexislación e a antropoloxía. O autor tamén dedica un capítulo aos mestres Xocas e Cuevillas e despídese cun apartado sobre Elvira Cuevillas (“Ata sempre, Elvira”), “quen sempre tiña ganas de aprender algo todos os días”, sinala o autor.

José María Eguileta Franco é xefe do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense. Graduouse en Prehistoria e Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e obtivo o título de doutor en 1994, acadando o Premio Extraordinario. Entre os libros que publicou figuran A Baixa Limia galega na prehistoria recente. Arqueoloxía dunha paisaxe da Galicia Interior; Mámoas y paisaje; e Muerte y vida en Val de Salas (Ourense). El fenómeno megalítico en un valle de montaña; Coordinou os traballos sobre as recentes escavacións arqueolóxicas nas Burgas, e ten participado en congresos, cursos universitarios e xornadas científicas do ámbito arqueolóxico. Na actualidade está a centrar as súas investigacións na Arqueoloxía Urbana.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2016-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES