
Dirixido a público en xeral con interese na fotografía, tanto con coñecementos técnicos como a afeccionados, do 18 ao 22 de xullo celebrarase o curso Conectando os puntos: a fotografía contemporánea en España. Os seus obxectivos son coñecer as claves necesarias para interpretar, analizar e crear imaxes tanto no ámbito documental como no artístico, posibilitar recursos que permitan comprender o estado actual da fotografía en España a través das súas orixes e comprender a situación actual da fotografía dixital como evolución da química.
Impartido na súa maioría polo fotógrafo Fuco Reyes Cora, a serie de intervencións recollida no programa describen un percorrido pola historia da fotografía dende as súas orixes ata finais do século XIX ata a época contemporánea pasando polo pictorialismo e o modernismo, a fotografía na ditadura, a época da democracia o postmodernismo e a situación en Galicia. As sesións expositivas completaranse con dous talleres dedicados á evolución da fotografía química á época dixital, que impartirá Tino Martínez, e outro para a revisión das fotografías realizadas polas persoas matriculadas durante o curso.
O curso celebrarase na Facultade de Ciencias da Comunicación para un máximo de 30 alumnos/as cunha carga lectiva de 16 horas.
Matrícula
A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.
Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.