Notas de prensa

Nova Galega de Danza e Agadic estrean no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a coprodución Son

Un corpo de baile integramente masculino interpreta esta montaxe, con dirección musical de Sergio Moure de Oteyza, na que conviven a danza tradicional galega coa española, a contemporánea e o flamenco. Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez son os directores artísticos deste espectáculo.

A compañía Nova Galega de Danza presentou na Coruña a estrea do espectáculo Son, coproducido xunto á Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través do Centro Coreográfico Galego, que ofrecerá a súa primeira función este venres 27, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía de Castro. Un corpo de baile integramente masculino pon en escena esta proposta, construída a partir dunha decena de pezas nas que a danza tradicional galega convive coa española, a contemporánea e o flamenco.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo da montaxe nesta presentación, na que tamén interviñeron Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez, directores artísticos de Son; Sergio Moure de Oteyza, director musical; Alberto Velasco, director de escena; e Carmelo Segura, coreógrafo convidado para o apartado de danza contemporánea.

Sutil explicou que esta proposta se insire no plan de coproducións que a Agadic vén desenvolvendo a través do Centro Coreográfico Galego co obxectivo de que os creadores plasmen os seus proxectos con total independencia e consigan que estes cheguen aos escenarios nas mellores condicións artísticas e técnicas posibles. Neste sentido, as propostas seleccionadas contan cunha achega económica da Xunta de Galicia, ademais de co apoio loxístico e técnico da súa unidade de produción coreográfica.

Trece anos de traxectoria

Como sinalou o director da Agadic, a elección de Son vén referendada pola traxectoria de Nova Galega de Danza, unha compañía que desde os seus inicios en 2003 non deixou de sorprender coa súa orixinal mestura de tradición e innovación. De feito, a linguaxe coreográfica que desprega na súa nova achega conta con pasos de catro estilos ben diferentes: a danza tradicional galega, a española, a contemporánea e o flamenco.

Ademais de asinar a dirección artística e a coreografía, Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez encabezan o corpo de baile do que tamén forman parte catro bailaríns especialistas en danza galega (Iván Villar Agulleiro, Francisco Sieira González, José Adrián Casal Sio e Ricardo Fernández Louro), outros catro en danza española (Rubén Puertas Martín, José Alarcón Cuevas, José Ãngel Capel Ferrón e Alejandro Muñoz Muñoz) e un en contemporánea (David Vilariño).

Banda sonora

O cantaor Juan Debel, Javier Feijoó ‘Xisco’ (gaita, pandeiro e canto), Francisco Sieira González (pandeiro), Alba Moura Etrad (tarrañolas e cante) e Cords del Món (violíns) puxeron voz e música ás composicións de Sergio Moure de Oteyza, autor de numerosas bandas sonoras para cinema e televisión polas que foi finalista aos premios Goya, Mestre Mateo e Gaudí, entre outros.

Sara Sánchez La Morena asina o vestiario e Luis Perdiguero, a iluminación e escenografía de Son, no que as coreografías se entrelazan a través de transicións nas que se utilizan diferentes elementos que sitúan o público nun obradoiro de escultura, ademais de evocar a paisaxe galega.

O espectáculo chega á Coruña despois da súa preestrea o pasado mes de febreiro no Teatro Colsubsidio de Bogotá, en Colombia. Para a estrea deste venres, Nova Galega de Danza conta tamén coa colaboración do Concello da Coruña, que pecha con este función no Teatro Rosalía de Castro o seu programa TRCDanza 2016. As entradas están xa á venda na web de Ticketea, no teléfono 902 044 226 e na billeteira central da praza de Ourense en horario de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 horas. Ademais, o día da función poderán adquirirse no propio teatro de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES