Notas de prensa

Os filmes gañadores dos premios Gaudí do cine catalán, na carteleira do CGAI

A Academia Galega do Audiovisual e a Acadèmia del Cinema Català organizan este ciclo no marco que se proxectarán ‘El adiós’, ‘13 dies d’octubre’ ou ‘El camí més llarg per tornar a casa’. Exhibiranse en Cataluña as obras galardonadas cos Premios Mestre Mateo.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) colabora un ano máis coa Academia Galega do Audiovisual e a Académia del Cinema Català no programa de exhibición en Galicia dunha selección das producións catalás galardoadas nos Premios Gaudí. Desta volta, organizaranse un total de cinco pases de entrada libre os días 25, 26 e 28 de maio, durante os que se proxectarán as obras gañadoras nas categorías de mellor película (‘El camí més llarg per tornar a casa’), mellor película en lingua non catalá (‘Truman’), mellor película para televisión (’13 dies d’octubre’), mellor documental (‘Game Over’), mellor película de animación (‘Atrapa la bandera’) e mellor curtametraxe (‘El adiós’).

Esta iniciativa impulsada por ambas as academias inclúe tamén a organización en Cataluña dun ciclo durante o que se exhibirán os traballos galardoados na última edición dos Mestre Mateo do audiovisual galego. A primeira longametraxe de Dani de la Torre, ‘O descoñecido’, foi –con 12 recoñecementos– a gran triunfadora na gala de entrega destes premios, que tivo lugar hai un mes na Coruña.

Calendario de proxeccións

O ciclo dedicado aos Gaudí arranca o mércores 25, ás 18.00 horas, cunha sesión que xunta a curtametraxe ‘El adiós’, de Clara Roquet, con ’13 díes d’octubre’, produción televisiva dirixida por Carlos Marques-Marcet sobre os intentos frustrados da irmá de Lluís Companys e varios dos seus colaboradores para evitar a execución do presidente da Generalitat.

Ás 20.30 horas terá lugar o segundo pase da xornada con ‘El camí més llarg per tornar a casa’, ópera prima de Sergi Pérez que, tras a súa estrea no Festival de Cine Europeo de Sevilla, obtivo excelentes críticas tanto pola súa dirección como pola interpretación de Borja Espinosa.

O programa continuará o xoves 26 con outras dúas sesións de cinema catalán. En primeiro lugar, coa exhibición ás 18.00 horas de ‘Game Over’, documental de Alba Sotorra sobre un mozo que leva ata o extremo a súa obsesión polos videoxogos bélicos. No pase das 20.30 horas proxectarase ‘Truman’, que ademais de gañar o Gaudí á mellor película en lingua non catalá, levou tamén galardóns nas categorías de mellor dirección, para Cesc Gay; mellor guión para Cesc Gay e Tomàs Aragay; mellor actor principal para Ricardo Darín; mellor actriz secundaria para Dolores Fozi; e mellor actor secundario para Javier Cámara. ‘Truman’ foi, así mesmo, un dos títulos protagonistas da pasada edición dos Premios Goya, mentres que o seu dúo interpretativo Darín-Cámara recibiu ex aequo a Concha de Prata do Festival de San Sebastián.

O ciclo rematará o sábado 28, ás 18.00 horas, coa película de animación ‘Atrapa la bandera’, dirixida por Enrique Gato, que levou tamén o Premio Goya na mesma categoría.

A programación completa pode consultarse no web www.cgai.gal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES