
O grupo “ROSAS”- integrado por Julia Dopico, na bandurra; Miguel Calabuig, na guitarra e José Luis Mera, rapsoda, interpretará o seu programa de concerto “RosasÂ…para Galicia” o sábado dÃa 21 de maio ás 20.00 na Avv. Casrelao de Brión-Ferrol-, con motivo da celebración do “DÃa das Letras Galegas”.
Este concerto é unha semblanza a Manuel MarÃa-homenaxeado este ano- e a actuación da “Coral AlecrÃn” de Brión completará a xornada na que todos brindaremos por Galicia. Entrada libre e gratuita.
CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxÃas da información (IT) e de operación (OT) para asà adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxÃa a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais asà como os sectores social, cientÃfico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, polÃticas e instrumentos do litoral.