
A cinta, cuxo estreo mundial se realizou neste recoñecido festival francés, foi moi ben acollida polo público e os profesionais acreditados desde o primeiro momento.
Este galardón supón un fito histórico para o cine galego, pero tamén para o español, posto que é a terceira vez na historia do festival que unha película española consigue este premio.
A Xunta de Galicia quere felicitar moi especialmente ao seu director, Oliver Laxe, e tamén á produtora Zeitun Films polo seu traballo.
A presentación de Mimosas implica o regreso a Cannes de Oliver Laxe seis anos despois de que obtivera o premio Fipresci da Quincena de Realizadores por Todos vós sodes capitáns, a súa ópera prima. Nesta ocasión, o cineasta galego asina un conto épico sobre a fe, que relata a historia dos dous personaxes protagonistas, Ahmed e Said, e a súa viaxe por atopar un camiño a Sijilmasa, lugar no que deben soterrar un mestre sufí. A rodaxe do filme tivo lugar en Marrocos, lugar de residencia actual de Laxe, en localizacións naturais de grande beleza como as montañas nevadas do Anti-Atlas, o lago Ifni ou os vales do Tamalloute.
Cómpre lembrar que a creación galega está presente en dúas do total de sete obras procedentes de todo o territorio español que este ano están presentes nas distintas seccións de Cannes 2016.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.