Notas de prensa

A libraría da Unión de Editoriais Universitarias Españolas en Madrid, con Manuel María

Ademais do acto literario co que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) sumouse ao Día das Letras Galegas 2016 con diversas as propostas que dende a institucón compostelá lembran a figura de Manuel María como expoñente da lingua galega.

Ademais do blog que anualmente edita a Biblioteca Universitaria dedicada a esta efeméride, o volume dedicado pola USC a Manuel María xunto con varios títulos da colección Clásicos do Pensamento Universal ocuparán durante esta semana e a seguinte boa parte da libraría da Unión de Editoriais Universitarias Españolas en Madrid (r/ Trafalgar, 27).

Esta é unha campaña que coincidindo co Día das Letras Galegas e co Día do Libro promove anualmente o Servizo de Publicacións. Ademais de dar a coñecer a figura literaria homenaxeada o 17 de maio, con esta actividade o Servizo de Publicacións da USC pretende manter vivo o interese nunha colección única no panorama editorial galego como é Clásicos do Pensamento Universal.

Biblioteca Intercentros

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC abrirá un centro de interese no que se exhiben diversas obras de Manuel María e outros traballos relacionados.

A escolma literaria sobre Manuel María, unha mostra que agroma preto de vinte volumes, inclúe distintos poemarios referidos a Lugo, á Terra Chá e mesmo a Compostela, ademais de títulos de carácter biográfico, alusivos á emigración e outros ben coñecidos como o é o caso de ‘Barriga Verde’.

Lectura no Rodríguez Cadarso

Pola súa banda, o Colexio Maior Rodríguez Cadarso celebrará este martes 17 unha lectura de fragmentos das obras do poeta homenaxeado. Será a partir das 21.00 horas na Biblioteca colexial. Na sesión participarán colexiais de diferentes titulacións, entre eles alumnado de fóra de Galicia que comezaron a estudar a lingua galega a partir da súa entrada na USC.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-05-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES