Notas de prensa

O alumnado participante no programa do CGAI Cinema en curso comeza as rodaxes

Os cineastas Ãngel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez traballan cos estudantes nas filmacións coas que culminan os seus talleres para esta iniciativa pedagóxica internacional, que en Galicia se integra no Plan Proxecta. O CGAI proxectará na súa sede da Coruña os catro filmes resultantes nunha sesión especial pública prevista para o 16 de xuño.

A edición 2015-2016 de ‘Cinema en curso’ entra na súa recta final coa rodaxe das películas por parte dos alumnos dos catro centros educativos galegos que participan neste programa pedagóxico internacional, coordinado en Galicia polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dentro do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Culminará así o traballo que os estudantes do CEIP A Rúa de Cangas, CEIP San Xoán de Becerreá, IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño e IES Manuel Murguía de Arteixo veñen desenvolvendo nos seus respectivos talleres cos cineastas galegos Ãngel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez.

Primeiro filme de ficción

A primeira das rodaxe é a que inician os alumnos de 6º de Primaria do CEIP A Rúa de Cangas, centro que durante dous anos consecutivos obtivo o Premio Nacional de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polas súas curtametraxes para ‘Cinema en cursoÂ’. O director pontevedrés Ãngel Santos acompáñaos na gravación da que será a primeira peza de ficción da sección galega deste programa educativo, ata o de agora centrado exclusivamente no documental. Durante o seu taller co realizador de ‘As altas presiónsÂ’, o grupo de traballo integrado por nenos e nenas de 11 e 12 anos de idade definiron as situacións emocionais que vive o protagonista do seu filme, ademais de planificar a produción da súa rodaxe.

A vindeira semana será a quenda para as gravacións dos alumnos de 4º de ESO do IES Chamoso Lamas do Carballiño e de 5º e 6º de Primiaria do CEIP San Xoán de Becerreá. Os primeiros están a traballar tamén xunto a Ãngel Santos nun documental sobre os antigos camiños dos arrieiros, percorrendo os pobos abandonados polos que transcorrían e falando con algúns dos veciños que se trasladaron a vivir a outras zonas da comarca.

Pola súa banda, a cineasta Jaione Camborda –gañadora dun Mestre Mateo en 2015 como guionista de ‘Os fenómenos’ xunto a Alfonso Zarauza– traballa co grupo de Becerreá nunha peza documental sobre Os Ancares, que aborda o tránsito do inverno á primavera neste contorno natural e rural.

A última destas catro rodaxes está programada para os días 11 e 12 de maio cos alumnos de 1º de ESO do IES Manuel Murguía de Arteixo que participan no taller do director Marcos Flórez, coautor do proxecto colectivo ‘Volontè’. O desenvolvemento urbanístico do seu concello, así como o seu impacto na paisaxe, é o tema central desta curtametraxe documental.

Estrea o 16 de xuño

Os catro filmes serán proxectados nunha sesión especial que terá lugar o 16 de xuño, ás 11.30 horas, na sede do CGAI na Coruña coa asistencia de todos os participantes e colaboradores no programa.

‘Cinema en curso’ combina o cinema e a pedagoxía seguindo unha metodoloxía de traballo avalada pola traxectoria desta iniciativa, que botou a andar en 2015 en Cataluña da man da asociación A Bao A Qu e que agora é xa unha experiencia internacional da que tamén forman parte entidades de Madrid, Arxentina e Chile, ademais de Galicia. A través dela, os alumnos descobren a sétima arte co visionado e reflexión sobre películas de todas as épocas e culturas, ao tempo que lles dedican os últimos meses á escrita do guión, planificación, rodaxe e montaxe das súas propias películas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES