Notas de prensa

A Xuntanza Internacional de Gaiteiros, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Trátase do único festival monográfico sobre as gaitas do mundo, que organiza a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Monterrei.

A “Xuntanza Internacional de Gaiteiros” vén de ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia, tal e como recolle o nº 54 do Diario Oficial de Galicia do día 18 de marzo de 2016. A presentación desta declaración tivo lugar no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, onde estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; o alcalde do Concello de Monterrei, José Luis Suárez; e o axente de desenvolvemento do Concello de Monterrei, Rafael Castro.

A singularidade desta festa vén dada tanto polo lugar onde se celebra, así como por ser o único festival monográfico sobre as gaitas do mundo, tanto no ámbito galego coma estatal, recolle o DOG. Rosendo Fernández destacou que “este foro foi unha verdadeira escola e punto de encontro de gaiteiros e estudosos das gaitas de distintas culturas; neste sentido o evento compleméntase con ciclos de conferencias e coloquios de carácter científico”.

Entre as actividades da Escola de Gaitas merece un lugar destacado a Xuntanza Internacional de Gaiteiros que nace paralela á posta en marcha da Escola. Este evento cultural celébrase dende o ano 1986 con carácter itinerante, celebrándose en distintas localidades da provincia de Ourense, ata o ano 2007 que se establece como sede permanente o Castelo de Monterrei.

O alcalde de Monterrei agradeceu á Deputación de Ourense, que a través da Escola Provincial de Gaitas, “celebre esta Xuntanza Internacional de Gaiteiros de maneira permanente desde o ano 2007 no Concello de Monterrei”,e tamén tivo palabras de agradecemento para “o mestre Xosé Lois Foxo por ser o precursor da idea desta declaración”.
Desde o ano 2015 celébrase en dúas xornadas, fixándose a segunda delas na ponte romana de Ourense, pois “a primeira Xuntanza tivo lugar en 1986 nas festas da Ponte”, sinalou o director da Escola Provincial de Gaitas. Este evento cultural contou coa participación “dos máis distinguidos gaiteiros do mundo, sendo un referente internacional neste momento”, sinalou Xosé Lois Foxo.

A “Xuntanza Internacional de Gaiteiros” celebrará este ano a súa XXXI edición na que participarán “gaiteiros de Irlanda, Holanda, Francia, entre outros, e realizarase con maior grandeza se é posible”, asegurou Xosé Lois Foxo. A declaración de Festa de Interese Turístico, supuxo que a Xunta de Galicia, lle conceda unha axuda de 3.000 euros ao concello de Monterrei para a súa celebración o que permitirá dar un salto cualitativo e cuantitativo ao evento, afirmou José Luis Suárez.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2016-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES