Notas de prensa

O CGAC acolle a exposición colectiva de artistas galegos Agrupar_Desagrupar

Como actividade complementaria, inclúe unha conversa entre os artistas Pamen Pereira e Isaac Pérez Vicente e os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre. A mostra Agrupar_Desagrupar. Rupturas da representación permanece aberta no CGAC da capital galega ata o 26 de xuño.

A partires do venres, día 22 de abril, pode visitarse no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a exposición “Agrupar_Desagrupar. Rupturas da representación”, unha mostra colectiva de artistas galegos comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

A mostra -que permanece aberta ata o 26 de xuño- recolle o traballo dunha serie de artistas con gran diversidade de propostas estéticas e conceptuais, que loitarán pola visibilidade da súa obra nun tempo no que a creación artística en Galicia estará marcada por dous acontecementos fundamentais: O despunte de Atlántica nos primeiros anos da década dos oitenta e a creación da facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

O arco temporal da mostra arranca cos traballos de Jorge Barbi (1950), paradigma e representante de moitas das rupturas formais e ideolóxicas, e tamén o máis próximo cronoloxicamente ás últimas exposicións atlánticas. E pecha con Carme Nogueira (1970), como artista-ponte, tanto nos aspectos cronolóxicos como no relativo ás súas linguaxes e referencias, coas xeracións posteriores de artistas xa formados na Facultade de Belas Artes. Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente ou María Ruído completan a relación de integrantes deste proxecto.

O feito de non ter acoutado temporalmente a selección de obras permite poñer en diálogo pezas creadas especificamente para esta exposición, con outras realizadas dúas ou tres décadas atrás. O resultado é marcadamente heteroxéneo, amosando toda clase de linguaxes, estratexias e xéneros plásticos: pintura, fotografía, instalación, vídeo, escultura ou arte sonora.

Máis información: http://cgac.xunta.es/GL/exposicion-detalle/61/agrupar_desagrupar_GAL#ad-image-0

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES