Notas de prensa

Agadic subvenciona en 2016 os festivais audiovisuais Play-Doc, Curtocircuíto, Cans, (s8), FIC Bueu e Freakemacine

A través desta adxudicación apóiase o labor de difusión destes seis certames en xéneros e formatos como o documental, as curtametraxes, o cinema independente ou o fantástico. Esta liña de axudas dotouse con 105.000 euros, incrementando nun 16% o seu orzamento respecto á anterior convocatoria.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a relación dos seis certames adxudicatarios en 2016 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual. Entre eles distribuiranse, en diferentes contías, os 105.000 euros cos que se dotaron estas axudas, que incrementaron nun 16 por cento o seu orzamento respecto a 2015.

Deste xeito, apóiase con 24.395,08 euros a duodécima edición do Play-Doc Festival Internacional de Documentais, que dá comezo esta noite en Tui, así como o XIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto de Santiago de Compostela (22.789,36 euros), o XIII Festival de Cans (22.218,76 euros), a sétima (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (18.076,25 euros), o IX Festival Internacional de Curtas (FIC) de Bueu (12.366,76 euros ) e o VIII Freakemacine (FKM) Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña (5.153,78 euros).

Traxectoria, programación e viabilidade

Este é o terceiro ano no que a Agadic convoca este programa específico de subvencións co que regula, a través dunha convocatoria pública e en réxime de concorrencia competitiva, o seu apoio económico a certames, semanas e mostras audiovisuais. O seu obxectivo é optimizar, sistematizar e garantir a transparencia na adxudicación dos recursos públicos a este tipo de eventos, de xeito que o orzamento dispoñible para este fin se distribúe de acordo cunha serie de criterios obxectivos. Unha comisión integrada por expertos independentes foi a encargada de analizar as propostas presentadas, así como de valorar a súa traxectoria, programación, viabilidade e interese.

Entre os requisitos esixidos este ano están os de desenvolverse en Galicia entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016, ter unha duración mínima de catro xornadas con cando menos 20 proxeccións e contar con tres edicións consecutivas anteriores á publicación da convocatoria. Ademais, a programación proposta debe conter un cinco por cento de títulos ou cinco sesións de filmes producidos en Galicia ou dirixidos por profesionais galegos.

Datas confirmadas

Os seis festivais subvencionados este ano teñen xa confirmadas as súas datas de celebración. Así, tras o Play-Doc de Tui, que se desenvolve desde hoxe e ata o día 17, terá lugar o Festival de Cans, no Porriño, do 18 ao 21 de maio; o (S8) na Coruña, do 1 ao 5 de xuño; o FIC en Bueu, do 10 ao 17 de setembro; o Curtocircuíto en Santiago, do 3 ao 9 de outubro; e o FKM na Coruña, do 24 ao 31 de outubro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES