
Logo dun mes de traballo con 13 actividades distintas e máis de 1.300 visitas, celébrase a clausura con distintas performances que, se o tempo o permite, transcenderán o espazo da Igrexa. En horario de mañá poderase visitar a exposición acompañados da artista.
A mostra en proceso xurdiu coa idea de transformar a acción artística en ferramenta para intervir na sociedade dende un posicionamento crítico, reivindicando o papel activo da muller na sociedade e no mundo da arte. Coa montaxe tratouse de propiciar a creación dun círculo de traballo artístico e feminista e favorecer unha reflexión colectiva sobre a historiografía dos círculos de mulleres en torno a tradicións consideradas domésticas e a súa aplicación polos primeiros feminismos no mundo da arte e a política.
A montaxe
Na súa orixe foron 35 as mulleres invitadas a sentarse en círculo para crear con outras mulleres. Formaron en DOSMILVACAS un círculo de 3,30 metros de diámetro e a partir das súas propias prendas de vestir construíron con estas mesmas medidas a peza que articula esta proposta expositiva: a Cabaña Vermella.
Inspirada nas tradicionais tendas lunares que algunha vez foron lugar de reclusión (e exclusión) para as mulleres durante os seus períodos menstruais, a Cabaña Vermella se transformou nesta proposta nun lugar de reunión e poder, ocupando o altar central da Igrexa da Universidade. En paralelo á exposición realizáronse numerosos obradoiros de caracter gratuito sobre creatividade, muller e feminismo, ademais de dúas charlas sobre arte e muller: Círculos de Mulleres na historia da arte e As Deusas da prehistoria.
As propias artistas foron as responsables do espazo, coordinadas por Reme Remedios, Clara Rodríguez Cordeiro e 7H cooperativa cultural, establecendo previamente horarios de visita aberta e atención ao público, días de proxeccións ou accións artísticas e outros de traballo a porta cerrada.
Reme Remedios
Reme Remedios é artista, terapeuta e xestora cultural. Os seus coñecementos artísticos e a súa formación en técnicas de Gestalt son utilizados nas súas propostas artísticas como ferramentas para fomentar desde a arte o desenvolvemento do potencial individual e colectivo, apostando por aplicar a investigación científica á creación contemporánea. A aproximación de Reme Remedios ao mundo da creación comeza na súa adolescencia e a través da costura, elemento que substitúe pola pintura en canto comeza a súa formación en artes plásticas, para rematar fusionando ambos universos a partir do ano 2005. É dun xeito case casual que o mundo dos fíos e tecidos se entrelaza coas súas pinturas, e este modo de creación mixto supón tamén o nacemento das súas obras colaborativas.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.