Notas de prensa

A Deputación de Ourense presenta o concerto de Iván Ferreiro, incluído no programa da ICC Week 2016

A actuación do 11 de maio no Teatro Principal, “potencia a programación deste ano da 2ª Semana das Industrias Culturais e Creativas”, afirma Manuel Baltar. “Bestlife” é a banda ourensá que resultou gañadora dos “ICC Awards”, convidada a compartir escenario con “Love of Lesbian” o 14 de maio, mentres que “Priscila”, grupo igualmente ourensán, será o convidado pola organización para actuar ese día dentro da ICC Fest.

O cantante e compositor Iván Ferreiro ofrece un concerto o 11 de maio no Teatro Principal de Ourense, dentro do programa da Ourense ICC Week, a 2ª Semana das Industrias Culturais e Creativas, que organiza a Deputación de Ourense. A presentación do concerto tivo lugar esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador da ICC Week, Juan Rivas; e o brand manager de Mahou, empresa patrocinadora do concerto, Hugo Pérez.

Manuel Baltar destacou que a participación de Iván Ferreiro “potencia a programación da Ourense ICC Week, por contar cun artista dos máis xenuinos na música independente do noso país, unha referencia no indie pop”, e engadiu que unir nestes cinco días, “música en directo cos nomes de “Love of Lesbian” e de Iván Ferreiro é un cartel moi difícil de superar, e xa estamos a traballar na edición de 2017 para seguir potenciando este evento que sitúa a Ourense como referente na vangarda e na presentación das últimas innovacións no ámbito audiovisual”. O presidente do goberno provincial agradeceu a colaboración de Mahou neste evento e avogou por continuar nesa alianza “en favor da creatividade e de apostar polo noso”.

Pola súa banda, Hugo Pérez destacou que a presenza de Mahou nesta celebración “demostra o seu compromiso coa dinamización e o ocio desta cidade e o seu entorno”.

Juan Rivas informou que as entradas para asistir ao concerto de Iván Ferreiro estarán dispoñibles a partir de hoxe en “ticketea”, cun custe de 10 euros, e tamén deu conta de que “Bestlife” é a banda ourensá que resultou gañadora dos “ICC Awards”, convidada a compartir escenario con “Love of Lesbian” o 14 de maio, mentres que “Priscila” será o grupo convidado pola organización para actuar ese día dentro da ICC Fest.

“Bestlife”, integrada por Manuel de Lorenzo, Hugo Babarro, Ángel Gorgoso, Jorge de Lorenzo e Óscar Álvarez, foi o grupo elixido polo xurado encargado de seleccionar á banda gañadora de entre os 14 proxectos presentados. Dito xurado estivo integrado polo director de Radio 3, Tomás Fernando Flores; o redactor xefe de Mondosonoro, Joan Luna; o músico e presidente da Fundación SGAE, Manuel Aguilar; e os coordinadores da ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo. “A alta calidade da súa última gravación, tanto pola produción como polas súas composicións, ademais do coidado dos seus vídeos e imaxe, fixeron que o xurado se inclinase por “Bestlife”, asegurou Juan Rivas. Asemade, a banda convidada pola organización da ICC Week para actuar o sábado 14 de maio, na ICC Fest, “Priscila”, foi elixida “pola súa traxectoria e o seu éxito entre o público ourensán”, sinalou Juan Rivas.

Ademais, Juan Rivas comentou que nos relatorios da xornada dedicada á música da ICC Week, que terá lugar o 11 de maio, en horario de mañá, participarán Almudena Heredero, directora do “Primavera Pro”; Javier Liñán, director artístico da discográfica “El volcán”, que editou os discos de “Los Enemigos”, “Los Planetas” ou “Bebe”; o presidente da Fundación SGAE, Manuel Aguilar, que participou en gravacións de cinco discos de “Mecano”, “Sangre española”, de Manolo Tena ou Camarón de la Isla; a editora de Radio Gladys Palmera, Teresa Navajas, e Iván Ferreiro.

A Ourense ICC Week 2016 celebrará a súa segunda edición entre os días 10 e 14 de maio en diferentes localidades da provincia de Ourense, sendo un referente no ámbito nacional da creatividade e das últimas vangardas das disciplinas culturais, artísticas e audiovisuais.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2016-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES