Notas de prensa

O Centro Coreógrafico Galego selecciona oito bailaríns e bailarinas para o ballet As catro estacións

O departamento de Produción Coreográfica da Agadic representará un espectáculo sobre a composición de Antonio Vivaldi para a actual temporada 2016. Segundo se especifica nas bases, as probas constarán da execución dunha clase de danza clásica e dunha variación clásica ou contemporánea.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou as bases que rexerán o proceso para a selección dos oito bailaríns e bailarinas que formarán o corpo de baile do ballet ‘As catro estacións’, a próxima produción que levará a cabo o Centro Coreográfico Galego a partir da obra de Antonio Vivaldi.

Segundo establece a convocatoria, os interesados/as en concorrer a estas audicións teñen de prazo ata o 28 de abril para remitir ou presentar as súas solicitudes, de acordo co modelo normalizado dispoñible no web da Agadic. Os aspirantes que reúnan os requirimentos esixidos serán convocados ás probas que se levarán a cabo na sede que o Centro Coreográfico Galego ocupa no coruñés Complexo Deportivo de Elviña.

Estas probas constarán de dúas fases e poderán supoñer unha puntuación máxima de 50 puntos: valoración de currículo profesional atendendo a criterios de idoneidade e experiencia na danza (ata 20 puntos) e proba de interpretación (ata 30 puntos). Á súa vez, a de interpretación consistirá en dúas partes, que se desenvolverán preferiblemente no mesmo día. A primeira delas será a execución dunha clase de danza clásica dunha hora e media de duración. Terá carácter eliminatorio e nela valoraranse aspectos como a calidade artística, técnica de puntas e técnica de paso a dous. Os 16 aspirantes que obteñan a mellor puntuación continuarán co proceso selectivo, no que deberán desenvolver un fragmento dunha peza da autoría dun dos coreógrafos invitados ou, no seu defecto, unha variación clásica ou contemporánea, nun tempo máximo de tres minutos.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións acadadas nas dúas fases. Os bailaríns escollidos poderán formalizar un contrato de traballo sometido á lexislación que regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos.

Cos candidatos/as que non resulten seleccionados formarase unha listaxe diferenciada por sexos, que se utilizará para eventuais substitucións por renuncias ou baixas dos titulares, respectándose a orde de puntuación acadada nas probas de selección.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES