Notas de prensa

En marcha o II Concurso Novos Valores do Festigal 2016 para descubrir artistas e bandas emerxentes

O Festigal 2016 contará cunha nova edición do concurso “Novo Valores” que pretende brindarlle a oportunidade de tocar neste evento multitudinario a bandas emerxentes que fagan música en galego.

“Somos un país de artistas e no Festigal queremos poñer en marcha esta ferramenta de difusión para descubrir novos talentos que fagan música e letras en galego”, sinalou Tania Ameneiro, da Fundación Galiza Sempre. Na presentación pública deste certame estiveron tamén Alberte Mera, secretario xeral de Galiza Nova; Marcos Paino, músico e membro do xurado; e Cruz Negreira, de Maianas, grupo gañador da anterior edición.

Como explicou Alberte Mera, “este concurso vai divulgar novas creadoras e novos artistas da Galiza no ámbito musical en momentos en que a Xunta trata con absoluto desleixo a creación musical do noso país, pois recorta orzamento público para este sector, ao tempo que promove grandes artistas enriquecidos de fóra cunha política cultural afastada da nosa cultura”. “O Festigal rebélase contra estas políticas contrarias á cultura galega e fomenta a nosa identidade e a creación dende a base”, sinalou.

Pola súa parte, Cruz Negreira, animou a participar a todos os grupos que fan música en galego que non teñen canles de difusión para obter recoñecemento, “porque é unha experiencia boísima, axuda a abrir outras portas e a gañar visibilidade no panorama da música galega”. Ademais, agradeceu “o labor de promoción cultural do Festigal para axudar a estas bandas emerxentes, xa que non está a facer dende outros ámbitos”.

Bases

A banda ou artista escollida polo xurado abrirá o 24 de xullo pola noite o Festigal 2016 ademais de recibir unha achega económica de 300 euros. O certame está aberto á participación de grupos amadores e profesionais, de todos os estilos, que empreguen a lingua galega nas súas letras. O prazo de presentación de traballos é do 11 de abril ao 26 de maio, por medio dunha maqueta e dun vídeo dunha gravación dun ensaio, que o Festigal se encargará de divulgar nas redes sociais.

O xurado estará composto por artistas e profesionais da música como son Xurxo Souto, Arancha Alfaia, Marcos Paino e “Mini” Rivas, ademais da comisión organizadora do Festigal. O cartaz desta edición está deseñado polo cambadés Emmanuel Joven. As bases do certame pódense consultar na web http://festi.gal

O Festigal está en constante crecemento, os dous últimos anos chegou a cifras récord de asistencia e mesmo recibiu a distinción como mellor festival galego nos “Premios Martín Códax da Música Galega 2015”.

Comunicación Festigal, 2016-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES