
O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega coa finalidade de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional.
Esta 21ª edición contou coa seguinte programación:
11:45h: Na Casa da Cultura de Ordes, tivo lugar a homenaxe a Manuel Viqueira Vieites (Ordes, 1929-2015), un referente da música tracicional.
Manuel Viqueira, O Gaiteiro de Vilaverde foi un dos poucos gaiteiros que conservou o xeito de tocar da dixitación antiga, o toque pechado, así como o repertorio propios da súa zona (Ordes). Ademais foi o fundador do cuarteto Os Viqueiras, cuxo nome ven dado polos compoñentes do mesmo: él e mais tres dos seus fillos (Manolo, Paco e Fernando).
Nesta homenaxe Gustavo Couto, amigo de Manuel, adicou unhas palabras en recordo á súa persoa. Ademáis, a través de imaxes e videos, fixemos un pequeno percorrido pola sua vida e obra, e finalmente, para completar este recoñecemento ao mestre Gaiteiro, rematamos a homenaxe escoitando unhas pezas da man dos seus fillos e neta.
13:00h: Roteiro polos bares da zona.
14:30h: XXI Xantar Gaiteiro no restaurante O Túnel (N-550, frente a Alameda). A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, máis de 25 anos traballando para preservar e dinamizar a nosa cultura tradicional. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s leva máis de 25 anos traballando para normalizar a presenza do noso baile, os nosos cantos e da nosa música tradicional na sociedade, e un dos seus obxectivos é que os sons dos nosos instrumentos sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida. Dende a AGG considérase importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro, que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar o baile e a música tradicional.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.