
A Deputación de Ourense asume a organización permanente do premio Eduardo Blanco Amor de novela longa. O acordo acadouse trala reunión mantida no Pazo Provincial entre o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e representantes dos concellos galegos que tiveron protagonismo nas pasadas edicións deste prestixioso certame literario. A iniciativa xurde logo da proposta de Manuel Baltar de organizar por parte da Deputación de Ourense a XXXIV edición do premio e de ofrecerse o ente provincial a continuar co desenvolvemento das sucesivas convocatorias dun dos certames literarios de máis prestixio nas letras galegas.
Precisamente, o xurado desta pasada edición fixo constar o impulso da Deputación de Ourense a prol deste premio, pulo que hoxe tamén destacou o escritor Luís González Tosar, presidente do xurado, e que tamén remarcou o gañador deste ano, o escritor Xavier Queipo, autor da novela Os Kowa. En 2014, cando se cumprían 35 anos do pasamento de Blanco Amor, a Deputación de Ourense asumiu o compromiso de exaltar a figura deste autor, polo que, entre outras accións, decidiuse asumir a organización do premio literario e a creación dunha fundación co nome do escritor para a difusión e valorización da súa obra.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.