Notas de prensa

Alumnado de 3º da ESO dos colexios Salesianos e Divino Maestro de Ourense realizarán o Camiño de Santiago pola Rota da Prata (Rota Mozárabe)

Desde mañá martes 29 ata o venres 1 de abril, 28 alumnos e alumnas de 3º da ESO (Ensino Secundario Obrigatorio) do colexio salesiano María Auxiliadora de Ourense, 8 alumnos e alumnas de 4º ESO do colexio Divino Mestre acompañados por 4 profesores/as do colexio e 3 animadores/as da Asociación Xuvenil AMENCER realizarán o Camiño de Santiago pola Rota da Prata (Rota Mozárabe). É unh

Como novidade este ano é a participación de alumnado de dous centros de ensino de Ourense que faremos xuntos a rota mozárabe.
Esta experiencia desenvolvese dentro das actividades que o colexio salesiano e o Divino Mestre organiza para ofrecer aos seus alumnos e alumnas a oportunidade de vivir una experiencia cristiá, como complemento ao aprendizaxe teórico que se realiza habitualmente no centro educativo. Os valores que se viven estes días son moitísimos como a atención aos demais, o servizo, o esforzo, o descubrimento da natureza, o valor do grupo, o descubrir o necesario e innecesario na vida (camiño), descubrir a necesidade dos outros, o importante que é ter na vida (camiño) metas. No fondo, como peregrinos que facemos esta experiencia, é experimentar a vida como camiño.
É o decimo noveno ano consecutivo no que se realiza esta experiencia.
Os datos máis sobresalientes son os seguintes:
O martes 29 de marzo: entre 9'00 e 9:30 teremos a saída do colexio cunha reunión na aula magna do colexio, a bendición de peregrinos na igrexa parroquial de María Auxiliadora e a foto na estatua de San Xoán Bosco, diante do colexio salesiano, para ir ata Oseira en autobús e dende alí camiñar ata Laxe - Bendoiro (nas aforas de Lalín), onde un grupo durmirá no albergue de peregrinos de Laxe – Bendoiro e outro no pavillón. O xantar farémolo en Castro Dozón.
O mércores 30 de marzo: faremos o percorrido Laxe-Bendoiro (Lalín) – Oca, onde durmiremos no pavillón deportivo do centro escolar de Oca. O xantar farémolo na praza principal de Bandeira.
O xoves 31 de marzo: faremos o percorrido Oca-Compostela, onde durmiremos no Seminario Menor de Belvís no barrio de San Pedro de Compostela. O xantar farémolo pasando Ponte Ulla, na Capela de Santiaguiño en Vedra, ao carón do albergue de peregrinos.
Xuntarémonos ao final do día do xoves e toda a mañá do venres co alumnado de 3º de ESO dos colexios salesianos de Vigo, Lugo, A Coruña e Cambados que tamén farán o camiño de Santiago nestes días, un pola rota portuguesa – Vigo e Cambados – pola rota inglesa – A Coruña - e outra pola francesa – Lugo -. En total xuntarémonos no Seminario Menor e en Compostela preto de 160 rapaces/zas de 14/15 anos.
O venres 1 de abril pola mañá realizaremos os tradicionais actos dos peregrinos en Compostela (celebración do perdón e eucaristía, oración diante do apóstolo e visita á catedral) para regresar a Ourense en autobús esa mesma mañá e estar na nosa cidade de Ourense sobre as 14’30 horas.

Amencer, 2016-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES