
Invisible Wires, o espectáculo internacional de danza da compañÃa galega La Macana en coprodución coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), chega esta fin de semana a Galicia despois da súa estrea o pasado 11 de marzo no Tanzhaus de Düsseldorf (Alemaña). O Teatro RosalÃa Castro da Coruña será o primeiro escenario galego que exhibirá a peza o venres 1 de abril, función á que seguirán as programadas no Pazo da Cultura de Carballo (sábado 2) e no Salón Teatro de Santiago de Compostela (domingo 3).
Esta representación inaugural foi obxecto na Coruña dun acto que contou coa participación de Caterina Varela, co-directora de La Macana xunto con Alexis Fernández; ademais do director da Agadic, Jacobo Sutil; do concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande; e do director do Teatro RosalÃa, Paulo RodrÃguez.
A cita marca o inicio do ciclo TRC Danza, a programación especÃfica para esta disciplina que manterá ata finais de ano o espazo coruñés, para o que conta tamén coa colaboración da Agadic como recinto escénico asociado á Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Co-patrocinadores institucionais
Para a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a participación en ‘Invisible WiresÂ’ como institución co-patrocinadora insÃrese nas súas accións de promoción e difusión da danza, asà como nas destinadas á proxección exterior dos servizos e produtos culturais galegos. Presta, ademais, o seu apoio a esta proposta xunto a outras estruturas e espazos culturais xermánicos como o Kunststiftung NRW, o Theater Pumpenhaus ou o propio Tanzhaus NRW.
Asà o explicou o director da Agadic na presentación realizada este mediodÃa, durante a que incidiu nos valores deste novo espectáculo por tratarse dunha iniciativa “que foi quen de situar a danza producida en Galicia no mapa internacional”. “Pensamos que este é un bo xeito de contribuÃr á proxección exterior da cultura galega máis contemporánea e de facerlles partÃcipes aos espectadores europeos do noso talento e creatividade”, expresou.
Jacobo Sutil referiuse tamén ao apoio prestado ao ciclo TRC Danza, dentro do que, ademais de La Macana, exhibiranse nos vindeiros meses na Coruña as últimas montaxes coreográficas das compañÃas galegas AIREnoAR (16 de maio) e Nova Galega de Danza (27 de maio), ademais do espectáculo de Claudia Faci ‘Vida laboralÂ’ (21 de abril), que se representará o 21 de abril como parte da actividade artÃstica das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas).
A estas primeiras entregas sumarase unha nova carteleira entre setembro e decembro, a meirande parte delas dentro do circuÃto Danza a Escena 2016 do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), e que incluirá as accións especÃficas de promoción para determinados colectivos sociais e profesionais que se levan a cabo a través do proxecto asociado a TRC Danza denominado Programación Expandida.
Traxectoria internacional
Con sete anos de vida, La Macana posúe unha ampla traxectoria fóra de Galicia, xa que os seus traballos puideron verse en máis de vinte paÃses. ‘Invisible WiresÂ’ sitúase neste marco de desenvolvemento internacional da compañÃa, que colabora nesta ocasión con Julio César Iglesias Ungo (coreógrafo cubano afincado en Alemaña) e co compositor belga Niko Kafkenscheid para a música orixinal que é interpretada en directo.
Trátase dunha peza para seis bailarÃns (Alexis Fernández, Tanja Marin Friojónsdóttir, Niko Hafkenscheid, Janis Heldmann, Jacob Ingram-Dodd e Dymitry Szypura) que conta, ademais, co deseño de iluminación asinado polo galego Afonso Castro.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuÃto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.