
O Paseo da Corredoira acolle o domingo, 3 de abril, a partir das 11h, o Festival do Meixón organizado polo Concello de Tui coa colaboración de distintos establecementos de hostalería da cidade. Na carpa instalada neste céntrico paseo os cociñeiros de varios restaurante locais serán os encargados de preparar 500 racións deste produto, servidas en cazola de barro e acompañadas de pan e viño albariño. O prezo da ración é de 40, podéndose adquirir xa os tíckets en venda anticipada no Novo Cabalo Furado, no Cruceiro do Monte, en Jaqueyvi, Café Museu, Pórtico, El Cielo, La Gran Manzada e Café Boby. Tamén estarán á venda o propio domingo no recinto da festa.
Deste xeito dende o Concello de Tui apóstase pola recuperación deste evento gastronómico tras varios anos sen celebrarse.
De forma paralela en 25 locais de hostalería e restauración estase a celebrar ata o luns, 4 de abril, a Semana Gastronómica de San Telmo, na que se ofrecen produtos do Miño como o propio meixón, lamprea, ou sábalo en distintas preparacións.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.