
A CIDADE DA CULTURA LANZA UNHA CAMPAÑA ESPECIAL DE PROMOCIÓN PARA DAR A COÑECER A SÚA ACTIVIDADE EN SEMANA SANTA
A Cidade da Cultura lanza unha campaña de promoción os días festivos da Semana Santa para dar a coñecer a súa oferta cultural entre os milleiros de visitantes que se achegarán a Santiago. No marco desta campaña, o Gaiás vén de asinar un acordo con Incolsa, a empresa municipal que xestiona a promoción turística. Grazas a esta colaboración, terá presenza destacada na súa oficina no casco histórico de Santiago cun espazo singular e un informador propio.
A Cidade da Cultura instalará durante estes días elementos de publicidade exterior con información en puntos de alta concentración turística, como a Alameda de Santiago, e terá plasmas en edificios de interese, como a Casa do Cabido ou o Museo das Peregrinacións, en Praterías. Hoteis, estación de Renfe e aeroporto contarán tamén con información.
O Gaiás e Tussa, a empresa responsable do transporte urbano en Santiago, chegaron a un acordo para reforzar a conexión con autobuses. Desde as 9.30 ás 21 horas, a liña 9 conectará cada hora o centro coa Cidade da Cultura, podendo tomar este bus en paradas céntricas, como a Rúa da Senra ou Virxe da Cerca.
Exposicións de moda e fotografía
O visitantes que se acheguen á Cidade da Cultura poderán visitar de balde as dúas exposicións en marcha no Museo Centro Gaiás: Con-fío en Galicia, que vén de ser inaugurada, e José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, que chega aos seus últimos días, xa que pechará o domingo 27 de marzo.
O horario de apertura ao público do Museo é de 10 a 20 horas e ofrécense visitas guiadas diarias de balde ás 12,30 e ás 18,30. Ademais do Museo, a Biblioteca e Arquivo de Galicia exhibe a mostra Mulleres sobranceiras. Olga Gallego, sobre o traballo desta relevante historiadora ourensá.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.