Notas de prensa

Preséntase O Camiño da cruz, un libro sobre o Via crucis editado polo Instituto Teolóxico Compostelano

Chega ás librerías un novo libro no que se estudia unha celebración cristián propia deste tempo de coresma e semana santa: o acto litúrxico coñecido como “Vía crucis” ao que se adica o libro O Camiño da cruz. Textos, estudios, celebración, escrito por José Antonio González García e Manuel Regueiro Tenreiro.

Está a chegar ás librerías un novo libro no que se estudia unha celebración cristián propia deste tempo de coresma e semana santa. Estamos a referirnos ao acto litúrxico coñecido como “Vía crucis”. Precisamente esta é a orixe do título da publicación: o camiño da cruz, que se refire aos acontecementos históricos, e ao “camiño” que levou a Xesús de Nazaret, dende o Pretorio, á morte no Gólgota.

O libro, editado polo Instituto Teolóxico Compostelano ( ITC), da autoría de dous profesores eméritos dese Instituto - José Antonio González García e Manuel Regueiro Tenreiro- ten como título O Camiño da cruz: textos, estudios, celebración. Este título resume o contido da publicación:

1. Os textos qu se recollen son o orixinal francés de Le Chemin de la Croix de Paul Claudel, a traducción á lingua galega (versión abreviada) de D. Xosé Filgueira Valverde e a versión libre e poetizada, en castelán, de D. José María Pemán.Nota
2. Os estudios que se teñen feito son unha investigación sobre o soporte da base bíblica, da reflexión teolóxica, ou das tradicións referentes ás estacións do Vía Crucis, e tamén unhas introducións ás biografías dos autores dos textos propostos (Claudel, Filgueira e Pemán).
3. A celebración trátase dun ensaio, en lingua galega e con formato litúrxico, para ser empregado nas celebracións individuais ou comunitarias do Víacrucis. Neste texto preséntanse tamén unhas suxerencias para a reflexión (colectiva ou individual) en cada momento do acto litúrxico. Estas reflexións contextualízanse –na súa meirande parte- na celebración do ano xubilar da misericordia que , por iniciativa papal, se está a celebrar.

Esta nova publicación busca unha tripla finalidade: informar, formar e practicar.

- Informar no senso de dar a coñecer parte da rica literatura que hai sobre o camiño da cruz.
- Formar sobre o contido bíblico, teolóxico e de tradición piadoso-cristiá que se contén nos textos dos diferentes Vía Crucis.
- Practicar estas devotas celebración litúrxicas, especialmente no tempo de coresma e nas celebracións de Semana Santa.

A publicación preséntase o martes, 15 de marzo, ás 20,00 h, na Librería La Voz de la Verdad (Lugo).Nota

X.X., 2016-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES