Notas de prensa

O Camiño supera en 2016 a cifra de peregrinos rexistrada no último Ano Santo

A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo un total de 3.070 peregrinos, un 8,61% máis que no pasado ano 2015. Os peregrinos estranxeiros sumaron un total de 1.77. Os grupos de peregrinos estranxeiros máis numerosos procederon de Corea, Portugal, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Brasil, Xapón, Francia, Irlanda e Reino Unido.

Un ano mais as cifras do Camiño de Santiago están a demostrar que a Ruta Xacobea está en auxe e plena actualidade. A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou entre o 1 de xaneiro ao 1 de marzo un total de 3.070 peregrinos que recolleron a Compostela tras teren percorrido 100 quilómetros dalgunhas das Rutas Xacobeas. Isto supón que nos dous primeiros meses de 2016 se superou a cifra rexistrada no último Ano Santo 2010, cando o total dos peregrinos acadou neste período de tempo os 2.832 peregrinos.

A cifra de peregrinos recibida en xaneiro e febreiro en comparación co mesmo período de 2015 alcanzou unha suba do 8,61%, recibindo 241 peregrinos máis que entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo do ano pasado.

Os espectaculares resultados obtidos este ano no que respecta ao crecemento na cifra de peregrinos que se veu rexistrando ao longo deste ano demostra que o Camiño de Santiago é a nosa icona máis universal, o noso principal produto turístico e a nosa carta de presentación a nivel internacional.

Peregrinos estranxeiros

Nos dos primeiros meses do ano, chegaron a Compostela un total de 1.269 peregrinos procedentes do territorio español, isto é, o 41,74% dos peregrinos.

Así, os peregrinos estranxeiros sumaron un total de 1.771, representando o 58,26% do total que chegaron a Santiago neste período.

En concreto, e por esta orde, os grupos de peregrinos estranxeiros máis numerosos procederon de Corea, Portugal, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Brasil, Xapón, Francia, Irlanda e Reino Unido.

En total, en comparación cos rexistrados no mesmo período de 2015, chegaron a Compostela 148 peregrinos estranxeiros máis.

Peregrinos por Camiños

Por camiños, as cifras de peregrinos rexistradas neste período ten sido: 2.057 no Camiño Francés, continuando sendo a ruta máis transitada; 505 no Camiño Portugués; 177 no Camiño Inglés; 104 no Camiño Primitivo; 85 no Camiño do Norte, 83 na Vía da Prata, 13 na Ruta Muxía-Fisterra, 13 no Camiño de Inverno e 2 noutros camiños.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES