Notas de prensa

Estudantes de Galicia redescubren na USC o bosón de Higgs con outros 46 países

As International Masterclasses permitirá a máis de 60 estudantes de toda Galicia cambiar o 4 de marzo as súas aulas de secundaria polos laboratorios e instalacións da Facultade de Física da USC para traballar como verdadeiros científicos no ámbito da Física de Partículas e con datos derivados dos experimentos do acelerador de partículas do CERN.

A Facultade de Física súmase un ano máis a esta experiencia de divulgación que xa alcanza a súa décimo primeira convocatoria. A xornada comeza ás 10.00 horas na Aula Magna do centro compostelán. En Galicia organízaa o Departamento de Física de Partículas da USC e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ofrecendo ao alumnado de ensino secundario a posibilidade de explorar investigación e física de vangarda traballando con datos recentes e auténticos dos experimentos do LHC.

Catro experimento do acelerador (Atlas, CMS, Alice e LHCb) prepararon unha versión educacional dos seus datos experimentais para ser usados nestas sesións. Grazas a este material, o alumnado examina os produtos de colisións entre partículas elementais que viaxan a través do acelerador de 27 quilómetros a velocidades próximas á da luz. Ademais de redescubrir o bosón de Higgs como xa fixeran os investigadores no verán de 2012, ou os bosóns Z e W, ao final do día, os participantes poderán experimentar o ambiente de colaboración internacional da Física de Partículas nunha videoconferencia que reúne a alumnos doutros 45 países con investigadores no CERN e no se porán en común os distintos resultados.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES