
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e máis o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, presentaron en Santiago a obra dedicada ao egrexio emigrante Eliseo Pulpeiro, editor da revista Céltiga, unha das máis salientables de entre as publicadas polos galegos da diáspora, e que que xogou un papel crucial no proceso de afirmación e desenvolvemento do galeguismo entre as comunidades galegas de América.
No acto de presentación do libro, que leva por título Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata), estivo presente a filla do editor, Silvia, e o outro autor do volume, Pablo Rodríguez.
Posteriormente, e guiados pola comisaria da exposición, Chus Martínez, visitaron a mostra Galicia imaxinada, que compila diversos exemplares das publicacións máis senlleiras das galegas e galegos do Exterior, e que visualiza de xeito gráfico a influencia da emigración na creación dos símbolos de Galicia. A mostra pode visitarse no Pazo de Fonseca.
Na visita púidose comprobar a orixinalidade e intencionalidade na distribución dos vinte paneis que compoñen a exposición. Neles pódense ver exemplares de revistas porteñas como Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, que permiten acadar unha imaxe completa da cultura visual da época e reconstruír a Galicia imaxinada dos emigrantes.
Acordo
A publicación da obra sobre Pulpeiro, e a mostra que hoxe visitaron Miranda e Paz, son dúas das actuacións derivadas do acordo de colaboración subscrito entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, para poñer en valor a pegada histórica e cultural da diáspora en Galicia.
Ademais, e mercé ao devandito acordo, elabórase a primeira fase do plan director para a conservación do patrimonio documental das sociedades de galegos no Exterior, lévase a cabo a dixitalización da documentación relacionada coa emigración depositada en arquivos consulares en Brasil e Cuba, e tamén un estudo a fondo dos fluxos migratorios a e desde Galicia.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.