
O Auditorio Municipal vén de presentar a oferta cultural para o primeiro semestre de ano, produtos atractivos culturalmente e outros abertos aos proxectos desenvolvidos pola cidadanía de Ourense para exercer de plataforma de proxección e coñecemento de todos eles, en palabras da Concelleira de Cultura, Belén Iglesias, na presentación do calendario en rolda de prensa. A idea dos programadores municipais para 2016 é a de seguir crecendo en número de asistentes: se en 2015 pasaron 104.042 persoas polas 494 actividades que se organizaron, cifra récord e un incremento dun 26,5% respecto do ano anterior, 2016 quere consolidar o Auditorio coma o espazo referente da cultura na provincia e na cidade, dixo.
Un dos eixes básicos da axenda para 2016 no Auditorio volve ser a programación infantil: A cita dos domingo ás 12 h é un éxito de convocatoria, e xa hai meses ampliamos a oferta coa introdución do teatro para bebés, os primeiros venres de cada mes, afirmaba a concelleira. Neste sentido, habilitouse unha sala específica para as actividades dirixidas a cativos de 0 a 3 anos, e ideouse un novidoso sistema de bonos para fidelizar o público. As entradas oscilan entre os 3 e os 5 euros, pero cun bono de 5 aforras o prezo dunha sesión, explicaba Manuel Freire, programador do espazo cultural.
O Auditorio acolle, precisamente, dúas funcións dirixidas ao público máis pequeno: 'Todo me fala de ti', o concerto de Uxía e Magín Blanco dentro do programa FalaRedes (o sábado ás 12h na sala azul, entrada de balde até completar aforo), e o espectáculo '25 anos de Tolemaxias', un percorrido pola carreira do mago Teto (domingo, 12h, sala azul, entradas en www.ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira).
A programación xeral, pola súa banda, pretende abarcar un abano diverso no que haberá obras de primeira orde coma 'Los 10 negritos', de Ágatha Christie, música, con Rozalen ou a ópera rock, e outras manifestacións artísticas como danza ou monólogos. Actualmente, dixo Manuel Freire, non hai en Galicia espazo cultural que nos poida igualar.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.