Feijóo fai balance con representantes do Clúster do Turismo de Galicia
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, mantén un encontro con representantes do Clúster de Turismo de Galicia para facer balance dos obxectivos acadados e marcar os retos para os vindeiros anos. Reitera o obxectivo anunciado en Fitur de "de recibir cinco millóns de turistas en 2016.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro con representantes do Clúster de Turismo de Galicia, para coñecer de primeira man o balance sobre os obxectivos ata o momento e fixar os retos e as directrices a seguir ata 2021.
No acto, que tivo lugar no Restaurante do Centro Superior de Hostelería de Galicia, servido polos alumnos que estudan alí, tamén estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster, Francisco González.
Alí analizáronse polo miúdo os logros acadados desde 2014, ano no que se constituíu o Clúster, e o sector tamén aproveitou para transmitirlle ao presidente da Xunta as súas inquedanzas e necesidades.
No que atinxe aos retos do futuro, Nava Castro lembrou que se plantexou o obxectivo, como xa manifestou o presidente en Fitur, de recibir cinco millóns de turistas en 2016. Neste senso, agarda que esta xuntanza sirva para preparar ese camiño.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-02-17
Actualidad

Galicia consolida o seu liderado na taxa de escolaridade de 0 a 3 anos e mantense por riba do 60%, máis de 13 puntos superior á media de España, segundo os últimos datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta porcentaxe sitúa á nosa comunidade ao nivel dos países con maiores índices de benestar en Europa, como Suecia ou Dinamarca. Galicia é a comunidade autónoma onde o programa da gratuidade é máis completo, xa que ningunha outra ofrece ata 8 horas diarias e 11 meses por curso atención educativa totalmente de balde ao 100% do alumnado e en todas as escolas infantís: as públicas, as de iniciativa social e as privadas.

Os complexos hospitalarios universitarios de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ser seleccionados para a administración de terapias CAR-T en pacientes adultos. Esa designación formalizarase mediante resolución da Secretaría de Estado de Sanidade, logo da validación por parte do Grupo Institucional do Plan para a Abordaxe das Terapias Avanzadas no Sistema Nacional de Saúde. Galicia xa dispoñía desde 2022 de dous centros designados polo Ministerio de Sanidade para a administración de terapia CAR-T: o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña administraba estes medicamentos avanzados en pacientes adultos e o de Santiago de Compostela en pacientes pediátricos.
Notas
Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future. Baixo este lema o CINBIO celebrará o vindeiro mes de xullo o seu oitavo Annual Meeting, renovando o seu firme propósito por visibilizar as ferramentas que marcarán a medicina do futuro. Un ano máis, Vigo converterase no punto de encontro no que científicos de todo o mundo compartirán a súa experiencia en química, física, bioloxía, medicina, nanotecnoloxía e saúde.
Especialistas do Grupo Iacobus da USC abordarán do 21 ao 22 de maio a análise de diversas obras seleccionadas entre os numerosos bens culturais que conserva o Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. A finalidade deste foro que leva por título 'Tempo de arte. Obras de museo III' é poñer en valor a súa colección e difundila á cidadanía a través deste curso monográfico coordinado por Miriam E. Cortés e Patricia Cupeiro, profesoras da USC, e Marcos Calles, director do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.