
A Fundación TIC está de parabéns da man dun dos seus patróns, o lucense Jorge Coira, que acadou o premio Goya á mellor montaxe polo seu traballo na película El desconocido. Coira, que naceu en Rábade en 1971, participa dun xeito moi activo nas actividades desenvolvidas pola Fundación, especialmente as dirixidas ao alumnado da Escola de Imaxe e Son (EIS).
O último encontro cos estudantes da TIC foi a pasada fin de semana, na que participou na Xornada de Pitching, xunto a outros 17 directores e guionistas profesionais de Galicia. Pero ademais impartiu varias masterclass sobre dirección de cine, e hai dúas semanas falou sobre a técnica para presentar proxectos audiovisuais dun xeito atractivo e conciso e expuxo ante os alumnos a súa experiencia nesta materia.
Talento lucense na meca do cine español
A Gala do cine español tamén contou coa presenza destacada doutros dous lucenses: Dani de la Torre, que competía na categoría á mellor dirección novel, e o consagrado Luis Tosar, na de mellor actor principal, tamén por El desconocido. Os dous mantiveron encontros cos alumnos da Escola, dentro do modelo formativo da TIC, no que se aposta pola práctica en escenarios reais e o contacto directo cos mellores profesionais do sector.
O monfortino Dani de la Torre foi o encargado da inauguración oficial do presente curso 2015-2016 da Escola. Ademais, impartiu unha conferencia maxistral ao alumnado dos ciclos de Redacción e Produción na que deu conta de todo o proceso que o levou a dirixir El desconocido, un thriller psicolóxico trepidante e tecnicamente moi complicado que tivo grande éxito de crítica e público.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.