Notas de prensa

O luxoso tren Al-Andalus conectará por primeira vez Madrid coa meta do Camiño

Galicia presenta en Fitur a nova edición de Galicia a todo tren, con novidades como a incorporación de dúas novas rutas que completarán os sete trens turísticos de Galicia, a ‘Termal e do Camiño do Norte a Santiago’ e a da ‘Lamprea e o viño do Condado’, ademáis do Tren do Peregrino, o Tren dos Balnearios e o Galicia Rail Pass.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou en Madrid no marco de FITUR a nova edición de ‘Galicia a todo tren’, o programa dos trens turísticos da Comunidade galega.

Unha das grandes novidades do programa para esta nova edición é a saída, por primeira vez na súa historia, do tren Al-Andalus dende Madrid unindo a capital coa meta do Camiño de Santiago, Santiago de Compostela.

Segundo explicou Nava Castro, o tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo, realizará unha saída en xullo e outra en agosto desde Madrid para chegar a Santiago de Compostela.

A directora de Turismo de Galicia afirmou que este feito histórico será de gran importancia para a nosa comunidade, en xeral, e o Camiño de Santiago, en particular, xa que Madrid é a comunidade autónoma de onde procederon máis peregrinos no pasado ano 2015.

Dous novos trens turísticos

Por outra parte, a responsable de Turismo da Xunta anunciou a incorporación de dúas novas rutas que completarán os sete trens turísticos de Galicia, a ‘Termal e do Camiño do Norte a Santiago’ e a da ‘Lamprea e o viño do Condado’.

Nava Castro sinalou que o Tren termal e do Camiño do Norte a Santiago circulará entre A Coruña e Lugo e “permitirá mostrar tres elementos primordiais da nosa oferta turística, a riqueza termal, o Camiño de Santiago e o Patrimonio da Humanidade”. Deste xeito, engadiu, “os usuarios deste tren gozarán das instalacións termais do balnearios de Guitiriz, seguirán as pegadas dos peregrinos no Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade en 2015, e viaxarán ao pasado romano na cidade de Lugo”, tamén declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia explicou que o ‘Tren da Ruta da Lamprea e o Viño do Condado’ ten programadas as súas saídas desde Santiago de Compostela.

No seu percorrido, segundo sinalou Nava Castro, este tren turístico achegará aos visitantes ás beiras do río Miño, “o que lles permitirá coñecer de primeira man un patrimonio etnográfico centrado na Ruta da lamprea”. Así, neste percorrido, manifestou a directora de Turismo de Galicia, “visitarán o Pazo de Lourizán e os seus xardíns que conteñen unha mostra da botánica forestal de extraordinario relevo en Galicia e deteranse na cidade de Pontevedra para contemplar a cidade e poder xantar na mesma”.

Incremento da oferta global

No próximo verán mantéñense as rutas dos trens turísticos que xa circularon o ano pasado relacionadas cos faros, entre Ferrol e Ribadeo; os xardíns e pazos históricos, entre Ferrol e Ribadeo; e as que percorren as cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia.

A oferta deste programa compleméntase un ano máis co Tren do Peregrino, o Tren dos Balnearios e o Galicia Rail Pass, a través dos que se pode vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.

Con todo, para esta nova edición increméntase a oferta global en 84 novas prazas.

Produto de éxito, competitivo e diferencial

Ao longo da súa intervención, a directora de Turismo de Galicia lembrou que este foi un proxecto turístico pioneiro que se iniciou no ano 2013 grazas a creación de sinerxías entre os diferentes sectores e axentes e a conciliación entre o que significa o aproveitamento turístico dun territorio e a preservación do medio no que se desenvolve.

Nava Castro lembrou que o pasado ano o programa superou os 2.200 pasaxeiros, incrementándose a demanda en máis de cinco puntos porcentuais en relación á edición anterior, alcanzando unha ocupación do 87%.

Para rematar, a directora de Turismo de Galicia agradeceu a colaboración “tan intensa de RENFE e a da Deputación de Ourense, grazas a cal este programa é hoxe, non só unha realidade senón un produto de éxito, competitivo e diferencial”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES