Actualidad de Cultura

Noticias cultura

      
« Anterior | 290  de  290 | Siguiente »

Notas cultura

A Fundación Curros Enríquez quere facer pública a súa felicitación ao escritor Xosé Neira Vilas pola celebración dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego.
Antonio Veiga e Fernando Súarez Barcia asinaron un convenio polo que a Área de Cultura da Deputación destina 5.000 euros para desenvolver o proxecto “Un paseo pola memoria fotográfica de Ribadeo”.
As corais rotan, con actuacións de 15 minutos, na porta de Bispo Aguirre, a praza do Campo e a praza da Soidade, entre as 20:00 e as 21:00 horas. O día 5 de xaneiro ten lugar unha xuntanza de todas as corais que participaron no ciclo, na praza de Santa María.
A Xunta rende homenaxe a Rosalía de Castro destacando a contemporaneidade da súa obra. O director xeral do Libro destacou que no nome de Rosalía temos un valor imprescindible do noso patrimonio cultural galego e sentimos que a súa proxección significa a expansión do noso país dun xeito importante e identitario.
Antón Bao explicou que “a publicación do libro, grazas ao impulso do concello de Paradela e a colaboración da Área de Cultura, permitirá fixar a súa obra, para o coñecemento das xeracións presentes e futuras, dentro do noso sistema literario galego”.
O titular da Xunta afirma que “debe haber poucos países no mundo que posúan unha monografía na que se detalle con tanto rigor e tan por extenso a importancia dun só animal na súa historia, e, ao mesmo tempo, sexa tan esclarecedora da cultura e dos modos de expresión que leva implícitos”.
A Consellería de Cultura e Turismo colaborou na produción do número Especial Xacobeo 2010 da revista Biblos Clube de Lectura: unha edición trilingüe que reúne unha escolma da produción literaria e musical galega para achegarse ao fenómeno xacobeo, ao Camiño e a Galicia como destino.
A profesora ferrolá Paula de Castro, primeira bailarina do Ballet da Ópera de Niza, imparte as master class de danza clásica os días 3, 4 e 5 de xaneiro na sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña.
Política Lingüística leva as actividades Detrás da canción, Canta música!, Ola, ola, la! e Atrapado na torre a oito concellos galegos na última semana do ano. Pop para adolescentes, obradoiros musicais para os máis pequenos e os trucos de maxia máis enxeñosos.
No Museo do Belén Electrónico de Begonte amósase a exposición de fotografías titulada Voluntariado e Ancianidade, con obras de Montserrat Lozano Río,organizada pola ONG "Ancianos del mundo", que se inclúe no calendario da presente edición do Nadal begontino.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES