Archivo (1 del 2022)

Buscador

Noticias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, a oportunidade que a fábrica de fibras téxtiles e o centro de economía circular, que optan aos fondos europeos Next Generation, supoñen para afrontar a transición enerxética en España. 'Acordamos seguir avaliando ambos proxectos que cremos poden ser moi interesantes para os plantexamentos medioambientais do Goberno central', dixo , recordando que a fábrica de fibras téxtiles é clave para seguir aproveitando a capacidade forestal da comunidade e, adicionalmente, o proxecto de economía circular permitiría tratar 7.000 toneladas de xurro.
Galicia, Castela e León, Cantabria e Asturias trasladaron á Unión Europea que os exhaustivos informes elaborados por estas comunidades autónomas demostran que 'o lobo ao norte do Douro goza dun estado de conservación favorable'. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Fomento e Medio Ambiente de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones; o conselleiro de Desenvolvemento Rural, Gandería, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente de Cantabria, Guillermo Blanco; e o conselleiro de Desenvolvemento Rural de Asturias, Alejandro Calvo, reuníronse co comisario europeo de Medio Ambiente.
A nosa comunidade é a que ten máis poboación maior de 12 anos vacinada con pauta completa, máis do 95%. Igualmente, tamén é a comunidade con máis nenos e nenas de entre 5 e 11 anos coa primeira dose posta, un 60%, e, así mesmo, lidera a porcentaxe de poboación con dose de reforzo en todos os grupos de idade. Respecto dos obxectivos establecidos na conferencia de presidentes celebrada o 22 de decembro, Galicia xa cumprira o 13 dese mes o propósito marcado para final de ano de ter vacinada con dosis de reforzo ao 80% da poboación de 60 a 69 anos.
Este stand acollerá medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos da nosa comunidade nun espazo de máis de 1.000 metros cadrados no que se presentará a Galicia como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central. A 42ª edición da feira internacional de turismo se celebrará de xeito presencial do 19 ao 23 de xaneiro, os tres primeiros días para profesionais do sector e a fin de semana, para o público en xeral. Tamén haberá mostras de produtos enograstronómicos galegos de calidade coa participación de profesionais e de persoal de Centro Superior de Hostelería de Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 76.276 deles 14.625 son da área da Coruña, 7.919 da de Lugo, 9.615 da de Ourense, 8.632 da de Pontevedra, 17.506 da área de Vigo, 13.343 da de Santiago e 4.636 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 453 en unidades de hospitalización e 75.768 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 223.793 persoas curadas, rexistrándose 2.829 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.432.480. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.044.263.
Tivo lugar o II encontro do grupo de traballo da Macrorrexión do Suroeste Europeo (Resoe) e a Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (Crusoe). No encontro participaron representantes das rexións que forman parte de RESOE, isto é, Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria e as rexións Norte e Centro de Portugal. Na xornada informouse sobre os proxectos e actividades desenvolvidas por CRUSOE durante a pandemia do coronavirus así como as iniciativas que se desenvolverán durante 2022 e 2023.
As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta realizaron máis de 700.000 préstamos ao longo de 2021, o que representa un incremento do 30% con respecto ao ano anterior. Hoxe, Día das persoas usuarias das bibliotecas, nomearanse os socios e socias de honra entre as persoas do público adulto e infantil que levasen máis materiais nos últimos 12 meses e, en recoñecemento, poderán incrementar o número de préstamos este ano. Co gallo desta conmemoración realizaranse visitas guiadas en diferentes centros.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 71.504 deles 13.623 son da área da Coruña, 7.294 da de Lugo, 9.175 da de Ourense, 8.190 da de Pontevedra, 16.139 da área de Vigo, 12.615 da de Santiago e 4.468 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 462 en unidades de hospitalización e 70.994 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 220.224 persoas curadas, rexistrándose 2.827 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.423.924. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.018.889.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 67.724 deles 12.859 son da área da Coruña, 6.875 da de Lugo, 8.586 da de Ourense, 7.929 da de Pontevedra, 15.199 da área de Vigo, 12.010 da de Santiago e 4.266 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 449 en unidades de hospitalización e 67.222 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 218.086 persoas curadas, rexistrándose 2.817 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.418.250. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.991.312.
O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) vén de abrir as portas da exposición Santiago. Peregrinación, cidade, escola, un percorrido sobre o fenómeno xacobeo e Santiago de Compostela a través dunha escolma de materiais escolares e extraescolares que gardan algunha relación con esta temática. Comisariada polo persoal do museo, a exposición reúne un total de 71 pezas comprendidas entre os anos 1881 e 2004 agrupadas en tres grandes temas que son Santiago o Maior e a iconografía xacobea, Santiago como meta de peregrinación e a cidade de Compostela.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (184)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES