Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.028 deles 1.205 son da área da Coruña, 679 da de Lugo, 2.241 da de Ourense, 1.144 da de Pontevedra, 2.711 da área de Vigo, 639 da de Santiago e 409 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 8.782 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 183.686 persoas curadas, rexistrándose 2.682 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.050.599. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.167.042.
A partir deste venres o Fondo Galego de Garantía Agraria comezará a facer efectivo o pagamento de máis de 127 millóns de euros das achegas da Política Agraria Común correspondentes á campaña 2021-2022. Serán máis de 110 millóns de euros de axudas directas e outros 17 millóns do pago de desenvolvemento rural destinado a zonas con limitacións naturais. Estes pagamentos beneficiarán a máis de 25.000 agricultores e gandeiros da nosa comunidade. No marco das achegas directas inclúense 62,3 millóns de euros do pago básico, 31,8 millóns do pago verde, 7,7 millóns para vacún de leite, 3,5 millóns de euros para vacún de carne, case 2,4 millóns para pequenos agricultores e 2,2 millóns para agricultores mozos.
O reitor da USC, Antonio López Díaz, e os seus homólogos da Coruña, Julio E. Abalde, e Vigo, Manuel Reigosa, asinaron este martes o convenio de colaboración polo que as tres universidades galegas crean o Centro de Investigación das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). A sinatura tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura que será a sede principal deste centro interuniversitario, se ben tamén poderá contar con outros espazos nos campus galegos nos que estea situado o persoal investigador a el vencellado.
O calendario de estreas do programa de coproducións de danza que desenvolve o Centro Coreográfico Galego entra na súa recta final con tres citas esta semana. O venres terán lugar as primeiras funcións de Nova Galega de Danza co espectáculo Credo nas Pontes de García Rodríguez e de Colectivo Glovo con Tabú en Lugo, mentres que Javier Martín exhibirá este sábado en Oleiros Figuras do limiar, na que será a súa presentación en Galicia tras ver a luz o pasado 12 de novembro no Teatro El Musical de Valencia. Ademais, o 22 de decembro subirá a escena na Coruña a peza Nó, da compañía Elahood, coa que se completarán as estreas das seis pezas coproducidas polo Centro Coreográfico Galego.
O paro baixou en Galicia na evolución anual e mensual no mes de novembro, ao tempo que creceron as afiliacións e a contratación indefinida. O mercado laboral continúa a súa recuperación e volve a situarse en niveis precovid-19 cun total de 152.747 persoas desempregadas, acadando unha cifra case idéntica á que había en novembro de 2007. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos de paro rexistrado destacando que Galicia está a crear 'máis e mellor emprego'. Con respecto á evolución mensual, é a primeira vez que o paro descende na comunidade galega nun mes de novembro de toda a serie histórica (1996), rexistrando unha caída do 0,84%.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.495 deles 911 son da área da Coruña, 573 da de Lugo, 1.709 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 1.841 da área de Vigo, 488 da de Santiago e 306 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 155 en unidades de hospitalización e 6.308 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 182.286 persoas curadas, rexistrándose 2.673 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.013.065. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.993.864.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES