Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por unha lambonada

lunes, 17 de julio de 2017
Por unha lambonada

Cargados de fillas,
cunha man diante
e a outra d’atrás;
ca alegría dun volver
a empezar,
tornamos ó país...,
dos Países Baixos.

Aló quedou
esa España de Franco,
levo recordos de tu,
levo os dentes oxidados
e teas de araña no cu.

Mais..., na alegría
dun volver a empezar,
traballar, traballar e traballar,
¡onde me fun a meter!.
Se da España de Franco fiquei,
¡á España de Franco voltei!.

¡Ai! centriños culturales,
é recreativos...
Todo é negocio,
todo é mentira,
envexa e palabrería;
o grupiño dos que mandan
e a mesiña das mulleres.
¡A onde chegou esta xente!.

Pero..., ¿que culpa terán
os meniños e as meniñas?,
mociñas xeitosiñas
cun sinxelo agarimo,
unha caixa chea de lambonadas,
de beber e café
ás nais e ás raparigas.

Logo de moito na baila ensaiar,
cansadas e sedentas
sácanlle da man, un carameliño.
¡Non se toque!
nin cola nin zume,
café ou lambonadas...,
¡teñen meigallo!.

Pobres meniños
e meniñas...,
mociñas xeitosiñas.
Da mágoa pensar,
que ata nas ilusións
dos mozos e mociñas,
dunhas atencións
que ninguén as tiña,
salta o demo da envexa
¡e de nais mal agradecidas!


Nota: esta, foi a primeira poesía que escribín aos 45 anos. Nunca, na miña vida e xuventude souben xuntar dúas palabras que rimaran; logo duns sucesos, ca colonia de emigrantes españois en Helmond (Países Baixos) saíron dos meus adentros en poucas horas, isto que se pode acercar a poesía sen ter nin idea de esta arte tan difícil para un profano
da cultura.
Ficos
Ávila Soto, Federico E.
Ávila Soto, Federico E.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania