Archivo de Noticias

Buscador

Noticias

Foto del resto de noticias (noroeste_estrella_galicia.jpg) Na súa 32ª edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia continuou o seu ascenso de popularidade para converterse nunha das citas estatais musicais imprescindibles do verán. Cun modelo de festival de rúa, que aposta pola cultura próxima e de calidade, sen esquecer as figuras internacionais, a cita coruñesa conquistou nesta ocasión a máis de 90.000 persoas. Coa cidade como un escenario máis, chamado a ocupar un papel protagonista, o festival converteuse nun dos eventos urbanos máis importantes da península, atraendo a atención de miles de persoas, coruñesas e visitantes en busca dunha experiencia musical e cultural completa.
Foto del resto de noticias (amtega_2.jpg) A Fundación Vodafone e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa a Rede CeMIT continúan traballando para impulsar o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos “Aprende a usar o teu smartphone” e “Aprende a usar a túa tablet”. retomaranse en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso, Pontedeume, e Ribadeo. De cara a darlle continuidade a esta programación, a Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas actividades con 7 novas tabletas.
Foto del resto de noticias (economia.jpg) A Xunta ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para impulsar o acceso ao circulante das pemes e os autónomos galegos a través do lanzamento dunha nova convocatoria do programa Resolve, co obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e contribuír ao mantemento do emprego mellorando a situación financeira de arredor de 100 pequenas e medianas empresas. Esta iniciativa favorecerá o funcionamento diario das pequenas e medianas empresas facilitando a concesión de préstamos a partir de 3000 euros.
Foto del resto de noticias (pesca_4.jpg) Portos de Galicia recolleu ao longo das últimas semanas máis de 25.000 quilos de residuos dos fondos mariños da costa Cantábrica das provincias da Coruña e Lugo. Así o recolle o informe do organismo portuario de balance das actuacións de limpeza desenvolvidas polo departamento administrativo de zona norte do ente público. Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras, e que este ano na costa Cantábrica tivo lugar nos portos de Morás (Xove), O Barqueiro, Cedeira, Celeiro (Viveiro) e Cariño
Foto del resto de noticias (e-saude.jpg) A Plataforma É-Saúde, ferramenta dixital dirixida a pacientes e cidadáns que permite acceder a unha serie de servizos interactivos e contidos personalizados de saúde dende calquera dispositivo conectado a internet, vén de ser nominada finalista aos premios New Medical Economics 2018 na categoría de mellor proxecto en saúde dixital 2018. É-Saúde conta, actualmente, cun total de 51.000 usuarios. Cada semana realízanse 400 novas altas a este servizo, ao que cada día acceden unha media de 2.500 persoas dadas de alta.
Foto del resto de noticias (campa_2018.jpg) Case 1500 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán da Xunta de Galicia, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na edición 2018 do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’. Trátase dunha iniciativa que comparte un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade: a dinamización lingüística do galego no tempo de lecer da xente nova. As actividades chegaron, do 26 de xullo ao 13 de agosto, a un total de 15 campamentos incluídos na campaña.
Foto del resto de noticias (tremenda_jauria.jpg) O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporán este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018. Precisamente, este ciclo de concertos do verán, ao aire libre e de balde caracterizouse nesta edición por contar cun especial peso das voces femininas —maioría entre as súas 21 actuacións— e concedeulle máis espazo as cada vez máis emerxentes músicas urbanas. Para este gran fin de festa, a banda despregará tamén o seu repertorio de merengue-punk ‒contan cunha atrevida versión neste rexistro de La línea del frente de Kortatu‒e electro-cumbia con ritmos tropicais e letras sociais.
Foto del resto de noticias (ordenador.jpg) A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a desenvolver o Plan de Acción en Software Libre 2018, que recolle un total de 110 actuacións co obxectivo de fomentar e promover o uso e reutilización de software libre na administración pública, o impulso dunha oferta de solucións libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Como xa vén sendo habitual, unha parte moi importante destas actuacións desenvolveranse en colaboración dos principais axentes do ecosistema de software libre galego.
Foto del resto de noticias (xuventude.jpg) O programa Xuventude Crea está dirixido a mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2017. A novidade con respecto á edición anterior é que se inclúe unha disciplina nova, o skate, co que o total de especialidades nas que se poderá participar ascenderá nesta ocasión a 13: artes plásticas (pintura e escultura), banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, poesía, relato breve, teatro, skate e videocreación. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti e cociña, a participación será sempre a título individual.
Foto del resto de noticias (portos_3.jpg) Os portos de titularidade autonómica moveron 950.000 toneladas de mercadorías ao longo do primeiro semestre de 2018. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do ente público na que fixo balance da actividade de carga e descarga de mercadorías e peixe fresco nas instalacións portuarias dependentes da Xunta. Durán Hermida informou de que Portos de Galicia vén de realizar o balance semestral de tráfico de mercadorías rexistrado nos 122 peiraos de titularidade autonómica entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2018.

Archivo

2018 (406)

2017 (702)

ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania