Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (16)

martes, 07 de mayo de 2024
XVIII. Parroquia: Vilouzán, San Estevo de.
Chégase a este Viacrucis por medio dunha estrada local, que emana da LU-636.

1. Restos dun Viacrucis.
Coordenadas U.T.M. X: 639.699 Y: 4.700.128
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (16)
Consérvanse 11 cruces. 4 encóntranse por riba do muro, que separa o adro da igrexa do exterior, e 7 polo adro.
Entre elas hai moitas semellanzas, de tal xeito que podemos establecer os seguintes trazos: unha base monolítica con dúas partes: a inferior, de forma paralelepípeda; e a superior, máis pequena, e de forma troncopiramidal.
Da base arrinca a cruz propiamente dita, que ten unha sección cuadrangular nos extremos dos brazos, e oitavada no resto; ademais, amosa un tipo de cruz potenzada nos seus extremos.

3. O canteiro Lancarés "José López López".
Este canteiro, pertencente á "Casa de Subquintá" (Muro), construíu varios cruceiros e cruces, así como outras obras arquitectónicas de carácter público. Así, no primeiro lustro da última década do século pasado realizou os seguintes cruceiros (1): O cruceiro do Couto (Bande). O cruceiro de Carracedo (Carracedo). O cruceiro de Muro (Muro, preto da igrexa parroquial). O cruceiro do Centro Público Integrado "Ramón Piñeiro" (A Poboa de San Xiao). O cruceiro da "Casa de Subquintá" (Muro). O cruceiro de Trasliste (Trasliste). Tamén elaborou a "Cruz de entrada ao cemiterio moderno de Trasliste", e unha "Cruz de nicho, con inscrición", que está situada no interior do camposanto. Ademais, construíu "unha fonte de pedra" na "Casa da Saúde". Algún escudo de pedra e un hórreo de pedra para a "Casa do Concello". Rehabilitou a "Ponte de Carracedo", e realizou os bustos de "Ramón Piñeiro" e "o toreiro Celita", situados en Carracedo. Así mesmo, levou a cabo as restauración que se fixeron no interior da igrexa de Ronce.

4. Conclusións
A xeito de conclusión, cómpre facer mención á creación positiva por parte das institucións locales das "Escolas de taller" no primeiro lustro do século XIX, que posibilitou á construcción de cruceiros e outras obras artísticas, sendo o seu coordinador o canteiro de Muro, José López López. No obstante, agora queda o labor de conservación, limpeza e restauración destas manifestacións artísticas. E neste caso, temos que manifestar que aínda que os cruceiros se encontran en bo estado de conservación, debido en gran medida a cercanía da súa erección, é mester levar a cabo unha tarefa de limpeza e recuperación de moitos Viacrucis incompletos, que están a piques de caer dos seus lugares de emprazamento. Trátase dun labor urxente senón queremos que unhas obras do século XVIII desaparezcan e caigan no esquecemento. Ademaís, sería moi interesante dar a coñecer por medio de paneis informativos e algún guía ao que poida ter acceso o concello non só os cruceiros, cruces, esmoleiros, e viacrucis existentes no municipio, senón tamén outras manifestacións de índole etnográfica e artística, como igrexas; hórreos; pombeiros; pazos; muiños etc. Isto non é algo novidoso, xa que dende hai algúns anos existe o museo particular "O Muvicla" (Museo de maquinaria agraria), situado na "Casa Vázquez" de Trasliste, que de ano en ano vai acaparando máis atención de visitantes, que acoden de moitos concellos da provincia.

Bibliografía
ARRIBAS ARIAS, Fernando; BLANCO PRADO, J.M.; e SAAVEDRA PÉREZ, Mario.: Cruceiros do Concello de Vilalba, Vilalba (Lugo): I.E.S.CH. 2011.
ARRIBAS ARIAS, Fernando.: Cruceiros, cruces, viacrucis e esmoleiros do Concello de Friol: Ed.patrocinada polo Concello de Friol, 2021.
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Cruceiros. Cristos e Cruces do concello de Guntín de Pallares (Lugo), en Actas do VIII do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. Lugo. 2017
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Cruceiros e Cruces do concello de Becerreá (Lugo), en Actas do IX do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. Lugo. 2018
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Oratorios. Cruces de Misión e Viacrucis do Concello de Palas de Rei, en Actas do X do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. Lugo. 2019.
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Cruceiros, Cruces e Viacrucis Concello de o Páramo, en Actas do XI do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas. No prelo.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José.: Los Cruceros, el patrimonio etnográfico y el arte popular. Asociación de Ferrolterra de Amigos dos Cruceiros. Sada (A Coruña): Ed. do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, nº 93, 2003.
CASTAÑO FERNÁNDEZ, Agustín Javier.: Cruceros y Viacrucis de Piedra. Un patrimonio muy frágil. Mérida. Dirección General de Bibliotecas, Museos y Patrimonio Cultural, 2019, páx. 70-72.
CRUZ SÁNCHEZ, Pedro Javier.: Análisis y significado de la cruz en la cultura popular del occidente salmantino. El Abadengo, Tese de Doutoramento. Universidad de Valladolid. Facultad de Filosofía y Letras. Departamento de Historia Moderna, Contemporánea, de América, Periodismo, Valladolis, 2014, páx. 243.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E.: Esmoleiros, petos e cruceiros de ánimas de Lugo. Vigo: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2002.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX).Autor dos mapas de localización e do debuxo dun cruceiro.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio.: Os Cruceiros. Santiago: Cadernos Museo do Poblo Galego, 12, Fundación Caixa Galicia, 2003.
MUÑIZ BESTEIRO, Manuel.: Itinerarios polo Concello de Castroverde, Lugo: Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011.
RODRÍGUEZ CASTELAO, A:.As cruces de pedra na Galiza, Madrid:Akal, 1975 (Ed. Facsimile).
VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su Provincia, Madrid: Ministerio de Cultura. Dirección general de Bellas Artes y Archivos. T. VI. 1983, páxs. 107-108.

INFORMANTES: David Gil Mato, Julio Capón, Gloria Montero López, Manuel Vázquez Seijas, Piedad Fernández Aldegunde, Eladio.

NOTA:
1. Os integrantes das diferentes "Escolas taller" deste Concello, postas en valor no primeiro lustro da última década do século XX tiveron un papel moi importante na erección de moitos dos cruceiros existentes neste municipio.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES