Archivo (9 del 2017)

Buscador

Noticias

A Xunta indica que a declaración como BIC comezará co obxectivo de que despois da exposición pública e as alegacións, se poida aprobar definitivamente a finais de 2018, con 3 valores que reúne a Ribeira Sacra para ser BIC: valores naturais, culturais e mixtos da interacción do ser humano coa natureza.
A entrega do Premio Grupo Compostela-Xunta de Galicia a Marcelino Oreja Aguirre, impulsor da declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo, clausura a XXIII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades. Máis de 80 representantes de institucións de educación superior dunha vintena de países acudiron á reunión celebrada en Pécs.
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia ofrece información e asesoramento a través das súas oficinas nas sete principais cidades galegas, na páxina web e no teléfono gratuíto 900 23 11 23. O Goberno galego considera inadmisible a situación, xa que está a prexudicar os viaxeiros e o turismo de Galicia.
Do total dos 45 programas ofertados, catro son completamente novos e outros cinco reformúlanse para mellorar o seu desenvolvemento. Búscase un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede de alumnado e profesorado.
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, presentou o balance climatolóxico correspondente a esta estación, que, en termos xerais, foi moi cálida e seca. O fenómeno da ‘gota fría’ marcou a precipitación acumulada para o mes de agosto, xa que provocou chuvias por momentos torrenciais.
Na feira internacional de turismo termal, saúde e benestar participarán 260 expositores pertencentes a 40 países. Termatalia 2017 ofrece a posibilidade de promover a infraestrutura moderna e diversificada de establecementos balnearios e talasos galegos que xa constitúe o 20% da oferta termal de todo o Estado.
O director do Igape, Juan Cividanes, subliña na recepción oficial da misión empresarial desprazada a San Petersburgo que o sector está a recuperar o liderado nacional e dispón de potencial para asumir novos encargos. Destaca que pasado ano 130 empresas galegas exportaron a Rusia mercadorías por máis de 111 millóns de euros.
O presidente da Xunta esalta a aposta do ensino galego por anticipar as necesidades que terá a nosa sociedade no futuro, co plurilingüismo e a educación dixital e tecnolóxica. Lembra que son xa máis de 100.000 os mozos de colexios e institutos que reciben un ensino plurilingüe e que se puxeron en marcha 13 materias de libre configuración galegas como Oratoria ou Métodos estatísticos.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na USC na inauguración do simposio Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente, onde gabou a figura de Fernández Albor, a quen definiu como "un líder tranquilo e integrador". "Don Gerardo representa os valores de convivencia, respecto e tolerancia", dixo.
A Xunta de Galicia apoia o Festival Curtocircuíto 2017 na súa edición máis interdisciplinaria que inclúe o novidoso apartado Arredor do son, que se incorpora ao programa formativo Galicia ProFilme. Curtametraxes dos cinco continentes competirán polos distintos premios do festival, que se desenvolverá do 1 ao 8 de outubro en varios espazos da cidade.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES