O CurtocircuÃto Festival Internacional de Cine deu a coñecer os detalles da súa décimo cuarta edición, que se celebrará en distintos espazos de Santiago de Compostela do 1 ao 8 de outubro. Ademais da súa ampla carteleira de proxeccións e presenza de cineastas de renome, o certame volve cargado de propostas que afondan no seu carácter interdisciplinario, entre as que destaca o novidoso apartado Arredor do son, organizado co apoio da Xunta de Galicia.
Na programación deste ano figuran representantes da cultura underground, como o director francés F.J Ossang, a quen o festival lle dedicará unha completa retrospectiva; artistas de sona internacional que prometen experiencias únicas, como Ãlex Augier e Francisco López; cineastas novos con traxectorias consolidadas, como o protagonista da sección Púlsar Teddy Williams; crÃticos, investigadores e docentes, como Nicole Brenez, Sonsoles Hernández e Ricardo Steinberg, que contribuirán coa súa presenza a crear un espazo de reflexión dentro do festival e o músico e escritor de referencia internacional en materia de son David Toop.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, quen participou na presentación, explicou que ademais do apoio global á celebración do CurtocircuÃto, a colaboración da Xunta de Galicia céntrase este ano no desenvolvemento dos encontros Arredor do son, que forman parte, á súa vez, do programa de formación continua Galicia Profilme da Agadic. Trátase dun conxunto de actividades de diferentes ámbitos creativos, pensadas para dialogar arredor do concepto de son como forma de expresión e vÃa de coñecemento. Intercambio de información e experiencia, instalacións artÃsticas e performances compoñen esta proposta, que é a principal novidade do festival deste ano.
No acto, no que tamén interviñeron a vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, Goretti SanmartÃn, e mais o director do CurtocircuÃto, Pela del Ãlamo, Jacobo Sutil incidiu na importancia dos festivais de cinema galegos dentro da polÃtica de fomento do sector audiovisual levada a cabo pola Xunta, e recoñeceulle ao CurtocircuÃto a súa contribución na difusión en Galicia da obra de cineastas de renome mundial, ao tempo que lle dedica amplas panorámicas á produción galega de curtas máis recente. Neste sentido, fixo fincapé nos tÃtulos asinados por profesionais galegos como Adrián Canoura, Jaione Camborda, Adrián Mejuto, Diana Gonçalves, Claudia Costafreda, Noemi Chantada, Marcos Flórez, Lois Patiño, Iván Nespereira ou Fon Cortizo, integrantes de Planeta GZ, unha das seccións competitivas.
Tamén destacou que desde o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) se renovou a colaboración que se vén mantendo nos últimos anos para expandir os contidos do festival máis alá de Compostela. AsÃ, o vindeiro 10 de outubro, a sede da filmoteca galega na Coruña dedicaralle unha sesión Ãntegra á obra do arxentino Teddy Williams, protagonista este ano da sección Púlsar do CurtocircuÃto.
Selección entre 1290 tÃtulos
Para a actual edición inscribÃronse 1290 curtas procedentes dos cinco continentes, sobre as que o equipo de CurtocircuÃto realizou a escolma das que compoñen a sección oficial, que participarán nas categorÃas Radar, Explora, PenÃnsulas e Planeta GZ. Esta sección acolle nomes habituais do circuÃto internacional de festivais como Lois Patiño, Jessica Sarah Rinland, Gabriel Abrantes, Jennifer Reeder, Yann González, Rainer Kohlberger, Rosa Barba, Ben Rivers ou Salomé Lamas.
à participación galega hai que engadirlle a compostelá Helena Girón, quen codirixe xunto a Samuel Delgado Plus Ultra, obra estreada no pasado festival de Locarno que compite na sección Radar.
Tamén música
A inauguración do festival, o 30 de setembro, correrá a cargo do artista dixital francés Alex Augier con _nybble_, un espectáculo formal e espacial en constante interacción co espazo escénico. Xunto a Augier, Vive les cônes animarán a noite cun live set dominado polos seus teclados electrizantes. O festival trae tamén a Galicia á lendaria banda de kraut rock alemá faUSt, que estará acompañada polo lisboeta Ricardo Remédio e polo DJ Senhor Guimarães. Jupiter Lion, un dos grupos de culto da escena underground estatal, presentará o seu directo o 4 de outubro xunto co vigués Pálida.
Os norteamericanos Horse Lords, con referencias no math rock, post-punk, electrónica minimalista e músicas tradicionais africanas, actuarán o 5 de outubro co galego Ãlex Silva, quen pechará a noite cun live set de mestura de sons dixitais, analóxicos e instrumentos reais.