Archivo (5 del 2016)

Buscador

Noticias

A mostra reúne desde o 1 de xuño, por primeira vez, pezas emblemáticas como unha edición orixinal da obra Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses de Robet Hooke publicada en 1665 e un microscopio construído por Antony van Leeuwenhoek, no XVII.
Esta iniciativa, desenvolvida dende o ano 2010 entre as consellerías de Mar, Educación e Sanidade, e ANFACO-CECOPESCA, achega o mundo das conservas e dos produtos do mar aos nenos e nenas que coñecen contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar, realizan xogos e elaboran bocatas a base de conservas e produtos frescos.
O 10 de xuño volve outra regueira á USC sobre a conveniencia ou non de cambiar o noso fuso horario. Dous partidarios e outros tantos detractores do cambio argumentarán as súas posturas nunha sesión na Facultade de Ciencias da Comunicación.
Cultura e Educación e a Asociación da Prensa da Coruña presentan no Museo de Belas Artes da Coruña o libro "Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala", publicado na colección da Biblioteca de Autores da APC. A publicación da obra enmárcase nas iniciativas que se organizan en Galicia co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala, constituídas en 1916.
A catedrática de Filoloxía Románica Mercedes Brea recibiu por sorpresa unha homenaxe dos seus compañeiros e compañeiras da USC en recoñecemento á súa traxectoria docente e investigadora. Coa presenza do reitor, Juan Viaño, presentouse o volume Cantares de amigo. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea.
A música independente e a natureza da Costa da Morte fusiónanse do 12 ao 14 de agosto en Ponteceso, onde se darán cita Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. Unha ampla variedade de actividades culturais e un campus de traballo ecolóxico completan o programa de 2016.
É un dos xacementos paleolíticos máis notables dos que foron descubertos no noroeste ibérico, conserva un dos mellores conxuntos de fósiles fauna do Cuaternario de toda Galicia e durante a escavación se atoparon mostras arqueolóxicas da prehistoria recente e indicios de ocupacións eventuais na Idade Media e na Moderna. De todo isto falarase na xornada.
Un corpo de baile integramente masculino interpreta esta montaxe, con dirección musical de Sergio Moure de Oteyza, na que conviven a danza tradicional galega coa española, a contemporánea e o flamenco. Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez son os directores artísticos deste espectáculo.
O titular da Xunta preside a celebración do 11º plenario do Consello das Comunidades galegas, os días 27 e 28 de maio, no histórico palacio do Centro Galego da Habana. Feijóo viaxa a Cuba para reforzar as comunidades galegas no exterior e trasladar ao pobo cubano que Galicia quere formar parte do proceso de actualización do país.
Os xogadores participantes teñen a oportunidade de coñecer a oferta turística do sur de Galicia a través dun amplo programa de actividades complementarias. O evento celébrase entre os días 23 e 27 de maio no campo de golf Balneario de Mondariz e conta coa participación de 169 golfistas. Obxectivos: promocionar Galicia para o golf e desestacionalización cara o turismo de saúde.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2017 (91)

2016 (624)

ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania