Os Encontros monográficos co Patrimonio Cultural analizan a situación de Cova Eirós
É un dos xacementos paleolÃticos máis notables dos que foron descubertos no noroeste ibérico, conserva un dos mellores conxuntos de fósiles fauna do Cuaternario de toda Galicia e durante a escavación se atoparon mostras arqueolóxicas da prehistoria recente e indicios de ocupacións eventuais na Idade Media e na Moderna. De todo isto falarase na xornada.
Son moitas as particularidades que fan de Cova Eirós unha escavación arqueolóxica singular. Dunha banda, porque é un dos xacementos paleolÃticos máis notables dos que foron descubertos no noroeste ibérico. Doutra banda, porque conserva un dos mellores conxuntos de fósiles fauna do Cuaternario de toda Galicia, pero tamén porque durante a escavación se atoparon mostras arqueolóxicas da prehistoria recente e indicios de ocupacións eventuais na Idade Media e na Moderna. Todos eles se abordarán na sexta xornada dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”, prevista para o venres 27 de maio no Consello da Cultura Galega (CCG). Unha cita que se pode seguir en directo a través do web da institución.
O PaleolÃtico é unha etapa pouco estudada en Galicia e da que Cova Eirós é un dos máximos expoñentes. Todas as facetas (xeolóxica, paleontolóxica e arqueolóxica) que fan desta escavación un complexo singular están presentes na sexta sesión dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”, que se desenvolverá mañá na sede do Consello da Cultura Galega. Ramón Fábregas Valcarce falará do xacemento nunha dobre perspectiva: dunha banda, de Cova Eirós como un referente patrimonial do Plistoceno Superior de Galicia e, da outra, da singularidade da arte rupestre atopada en Cova Eirós. Do rexistro faunÃstico falará a paleontóloga Aurora Grandal d´Anglade. Completa esta revisión do xacemento o codirector da escavación, Arturo de Lombera Hermida, cun dobre relatorio. Primeiro abordará o pasado, para ofrecer un relato cronolóxico da secuencia de ocupacións desde os derradeiros Neandertais ata a construción de Cancelo; e, por último, pechará as intervencións falando do valor patrimonial, do futuro e da necesidade de conservación.
Un foro de debate e reflexión
Os “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” son unha nova proposta da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que pretenden poñer o foco sobre actuacións en marcha acerca de bens do patrimonio galego. Fanse con carácter periódico e pretenden participar tanto na caracterización dos bens como na formulación dos tipos de protección deses bens. InsÃrense nunha liña de traballo da Sección de Patrimonio e Bens Culturais da institución, que busca xerar debate e difusión entre a cidadanÃa, as administracións e os profesionais arredor de bens patrimoniais sobre os que se estean a desenvolver actuacións. O Museo das Peregrinacións, o Camiño de Santiago, as fortificacións romanas ou as igrexas medievais centraron sesións anteriores destes encontros.
Consello da Cultura Galega (CCG), 2016-05-26
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.