Notas de prensa

O Museo de Historia Natural da USC acolle a colección de microscopios Camacho e Pallas

A mostra reúne desde o 1 de xuño, por primeira vez, pezas emblemáticas como unha edición orixinal da obra Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses de Robet Hooke publicada en 1665 e un microscopio construído por Antony van Leeuwenhoek, no XVII.

O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela inaugura o mércores, 1 de xuño a exposición ‘Historia do microscopio a través da colección Camacho e Pallas’, que reúne por primeira vez dúas pezas emblemáticas, unha edición orixinal da obra Micrographia: or some Physiological Descriptions of Minute Bodies Made by Magnifying Glasses de Robet Hooke publicada en 1665 e un microscopio construído por Antony van Leeuwenhoek, tamén no século XVII.

Xunto con estas dúas pezas, que representan a orixe da microscopía, móstranse ademais modelos de microscopios simples e compostos que permiten coñecer a súa evolución histórica, reflexo das melloras ópticas, mecánicas e estéticas, desde o século XVII ata principios do XX.

A colección ‘Camacho e PallasÂ’ é a mellor que existe na actualidade, tanto polo seu valor científico como histórico e cultural. Os seus propietarios, a especialista en otorrinolaringoloxía do Hospital Ãlvaro Cunqueiro de Vigo e profesora asociada da USC Estrella Pallas Pallas e o director médico do laboratorio Vithas Lab do Grupo Vithas, Tomás Camacho, comezaron a colección en 2000 cun modelo de microscopio denominado Harvard e fabricado por Bausch and Lomb en 1876.

Foi en 2015 cando esta colección pasa a ser a máis representativa da historia da microscopía, ao incorporar o microscopio construído por Leeuwenhoek -un dos dez modelos existentes na actualidade e o único autentificado como orixinal- e a obra de Hooke, cuxas descricións foron a base para que Leeuwenhoek puidese construír os primeiros aparellos que permitían aumentos de ata 300 veces do tamaño real.

Os dous propietarios asisten á inauguración, que presidirá ás 20.00 horas o reitor Juan Viaño nun acto no que tamén participa a directora do museo, Isabel Fraga. A asistencia á exposición é de balde en horario de apertura do museo.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES