Notas de prensa

O Festival VdeValarés ofrece na súa décima edición tres días de concertos con recoñecidos grupos galegos e internacionais

A música independente e a natureza da Costa da Morte fusiónanse do 12 ao 14 de agosto en Ponteceso, onde se darán cita Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. Unha ampla variedade de actividades culturais e un campus de traballo ecolóxico completan o programa de 2016.

O Festival VdeValarés celebra a súa décima edición con tres días de concertos, do 12 ao 14 de agosto. Na praia de Ponteceso que lle dá nome actuarán grupos e artistas galegos e internacionais, entre os que se inclúen Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. A estes iranse incorporando novos grupos, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.

O novo cartel do festival, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Galicia Calidade, deuse a coñecer esta mañá en rolda de prensa na Cidade da Cultura, coa participación de organizadores e colaboradores.

Oferta musical de calidade

Na presentación, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referiuse ao festival como un evento de referencia na axenda cultural do verán galego que destaca polo seu interese como plataforma de difusión das bandas galegas, polo seu nivel artístico e capacidade de convocatoria, así como por contribuír, en definitiva, a garantir unha oferta musical e cultural de calidade en todo o territorio.

Adrián Varela, director do festival, e David Jiménez Zumalacárregui, director musical, detallaron a programación deste ano, un festival patrocinado por Mahou que ofrecerá entre sete e oito concertos diarios de grupos e artistas consolidados e emerxentes, no marco dun enclave de alto valor ecolóxico e ambiental que consegue conectar a música e a cultura cos valores de respecto ao ecosistema.

Medio ambiente e sustentabilidade

E é que VdeValarés aposta pola organización dun evento sustentable, implicado coa conservación do medio ambiente. Para iso, o consumo de enerxía do festival levarase a cabo con enerxías limpas e renovables e, durante o desenvolvemento do evento, disporanse numerosos puntos de recollida e eliminación con contedores para vidro, plástico e papel, xunto co uso de vasos reutilizables e o reparto de bolsas do lixo. Ademais, o festival galego contará cun campus de traballo ecolóxico, onde voluntarios de diversos países colaborarán para limpar as praias e preservar a contorna.

A música compartirá escenario en Ponteceso cunha gran variedade de actividades culturais polas mañás. Ademais, este ano, VdeValarés presenta a súa primeira inclusión no mundo do skate e ofrece a posibilidade de realizar paddle surf e rutas guiadas pola zona de covas naturais da costa de Valarés.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES