Noticias

tenestilo.com ofrece asesoramiento personalizado sobre el uso de prendas y complementos

El Igape destaca el potencial de Ántali Technologies para incrementar valor en el mundo de la moda a través de innovadoras aplicaciones TIC. El portal tenestilo.com, con sedes en Santiago de Compostela y Ourense, ofrece asesoría personalizada sobre las prendas y complementos de moda que mejor se adaptan a la morfología o gustos de los clientes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou en Santiago a capacidade da compañía Ántali Technologies para incorporar servizos de valor ao mundo da moda en internet mediante o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que facilitan, ao mesmo tempo, as vendas das compañías e a simplificación dos procesos e por tanto a reducción dos custos asociados ao comercio electrónico.

As emprendedoras fundadoras de Ántali buscan mellorar a experiencia de compra de roupa por internet a través dunha aplicación que se comporta como se fose un auténtico estilista persoal, dando asesoramento personalizado axeitado á morfoloxía e gustos de cada muller, axudándolle a escoller a roupa que mais lle favorece.

Para Ántali, a moda en Internet esixe unha fotografía capaz de transmitir todo o que cada produto representa. Para simplificar e abaratar o proceso de posta á venda de artigos, -desde a cámara de fotos ata a tenda en Internet- a empresa desenvolveu unha aplicación, Sifremo, dirixida a todos os que desexen poñer en marcha unha tenda de moda en internet e tamén para os fotógrafos, simplificando os procesos mediante as técnicas e ferramentas que a tecnoloxía actual ofrece, o que se traduce nunha reducción dos tempos e dos custos da venda por Internet.

Javier Aguilera visitou esta mañá as instalacións da empresa en Santiago de Compostela e tivo oportunidade de coñecer cómo se empregan as dúas innovadoras aplicacións TIC ideadas por Ántali coa colaboración das Universidades de Vigo e de Santiago, Sifremo e Motor de Estilo, para facilitar e mellorar a experiencia de compra de moda en Internet.

Ántali usa estas tecnoloxías no portal de moda online www.tenestilo.com onde se pode comprar moda de muller feita en España. En concreto na sección Mi estilista pódese coñecer e contar co estilista persoal. En resumo, a través deste portal, Ántali aprende dos seus clientes, proba e mostra as tecnoloxías desenvolvidas, coma se dun laboratorio se tratase.

Estas innovacións desenvolvidas por Ántali, –que tamén conta con instalacións no Parque Tecnolóxico de Ourense– contaron co apoio da Consellería de Economía e Industria a través do programa Galicia Emprende.

NoticiaA través do Igape e da Unidade Galicia Emprende, creada a partir da Lei de emprendemento e da competitividade de Galicia, a Xunta pon a disposición dos emprendedores un amplo abano de servizos de formación e asesoramento para acompañar aos promotores dos novos proxectos empresariais, desde a maduración das ideas ata facilitar a posta en marcha e a consolidación de novos negocios, mediante a achega de apoios financeiros ou préstamos.

R., 2015-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES