
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A entrada principal do Chou acolleu a concentración do persoal do hospital ourensán para condenar o acto de violencia de xénero que acabou coa vida da paciente de 65 anos de idade, Isabel Fuentes, que levaba ingresada no complexo hospitalario dende o 3 de abril. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse a este acto de repulsa. Durante a concentración mantívose un minuto de silencio.
A Xunta de Galicia expresa a súa máis firme condena polo acto de violencia de xénero que lle custou a vida a María Isabel Fuentes, de 65 anos de idade e veciña de Pazos, Verín, que morreu a mans do seu marido no Complexo Hospitalario de Ourense.
Trátase da primeira morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia, un crime polo que o Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta lacra e colabore para rematar con esta manifestación extrema de desigualdade que é a violencia de xénero.
O Goberno galego reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e apela á corresponsabilidade da toda a cidadanía na erradicación deste problema público e social de primeira orde. Neste sentido, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, lamentou profundamente o acontecido esta mañá e fixo un chamamento a non baixar a garda fronte a violencia machista.
Lémbrase que as vítimas teñen a súa disposición o 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade da chamada, xa que non queda rexistrada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno do Estado, as chamadas que se produzan ao 016 desde o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao teléfono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria precise atención de emerxencia.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.