Noticias

Jordi Évole agradece el Premio José Couso de Libertad de Prensa del Colexio de Xornalistas

A través de las redes sociales, Jordi Évole agradecía el Premio José Couso a la Libertad de Prensa que concede anualmente el Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG) y que, en esta ocasión, también quiso reconocer la labor del juez Santiago Pedraz por su lucha en la resolución del asesinato del cámara gallego de televisión José Couso. El quinteto Hercules Brass ofrece el Concerto pola Liberdade que acompaña a la entrega del premio en Ferrol el 26 de mayo.

Nota de prensa remitida por el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG):

O xornalista e presentador Jordi Évole foi proclamado gañador da XI Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. O fallo deuse a coñecer esta mañá na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou coa intervención do propio premiado en conferencia telefónica.

O acto comezou coa intervención do presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López, quen salientou que o Club de Prensa de Ferrol e o CPXG levan once anos organizando este premio e farán o que faga falta para continuar con el. Siro agradeceu á obra social de laCaixa a sua inestimable axuda co Premio e tivo un recoñecemento para o xuíz Santiago Pedraz pola súa ética e loita pola resolución do asasinato de José Couso. Lembrou ademais que o 26 de maio terá lugar a entrega do premio en Ferrol, que, como cada ano, irá acompañada do Concerto pola Liberdade, este ano a cargo do quinteto ‘Hercules Brass’.

A continuación, o secretario do premio, Darío Janeiro deu lectura á acta do fallo, asinada polo señor notario D. Héctor Pardo García, do Ilustre Colexio Notarial de Galicia. Abertos e recontados os votos, este levantou acta do resultado entre os cinco candidatos que optaban ó galardón, resultando vencedora por maioría e sen necesidade de voto de calidade do presidente do premio, a candidatura de Jordi Évole. Como cada ano, a candidatura gañadora foi elixida en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa. Janeiro destacou que "agora máis que nunca, son importantes actos como este para reivindicar que o noso dereito á liberdade de expresión e de información non é negociable".

"Xosé Manuel Pereiro, decano do CPXG, afirmou que "é moi bo sinalar que algo feito por xornalistas chegue á undécima edición e tamén é revelador dos tempos que vive a profesión que o premiado sexa alguén que non sofre a falta de liberdade de prensa senón que a ten, porque a foi conquistando día a día". "O que os xornalistas premian", asegurou, "é a envexa sá de marcar a axenda e non de que nola marquen".

Pola súa banda, Marc Arthur Benhamou, Director territorial de ‘la Caixa’ en Galicia, salientou que o premio Couso "é, sen dúbida, o máis importante que se outorga en Galicia no eido do xornalismo". Benhamou reafirmou o compromiso da Obra Social de "la Caixa" coa liberdade de expresión, realizando moitas iniciativas que apoian o seu exercicio, pero tamén apoiando outras iniciativas que considera de interese, como a do premio José Couso.

O acto finalizou cunha comunicación telefónica co premiado, que dixo sentirse honrado polo galardón porque "José Couso é un símbolo a nivel internacional para toda a profesión". Évole aseurou que se considera un "privilexiado porque ten a forza da xente que ve o seu programa" e iso dálle "a liberdade de escoller os temas e de pelexar por eles". O premiado opinou que "os que teñen ese privilexio teñen que exercelo por moitos outros que non poden, de xeito que se poda ir abrindo camiño". Jordi Évole confirmou tamén a súa asistencia aos actos de entrega do premio, que terán lugar o vindeiro 26 de maio en Ferrol.

Jordi Évole Requena (Cornellá de Llobregat, 1974) é xornalista, presentador, guionista de televisión e tamén escribe artigos de opinión. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Autónoma de Barcelona, UAB, comezando a traballar como locutor de partidos de fútbol no programa Carrusel Catalunya, de Radio Barcelona. Seguidamente, traballou nos Informativos de Telecinco, da Cadena SER e como videoxornalista na televisión local Viladecans Televisió.

No ano 2000 entra na produtora El Terrat como guionista do programa La Cosa Nostra, de Andreu Buenafuente. Logo foi subdirector do programa Buenafuente, en La Sexta, onde destacou interpretando ao seu personaxe máis famoso: El Follonero.

En 2008 estrea Salvados, un programa que mestura reporteirismo atrevido cunha perspectiva irónica e que foi evolucionando cada vez máis cara á información-denuncia. Ao longo da súa traxectoria viuse en ocasións ameazado, e noutras presionado para non emitir determinadas reportaxes.

O seu estilo particular e o éxito de audiencia fíxoo merecedor de diversos Premios (Ondas, Iris, Antena de Ouro, Premio Internacional de Xornalismo Manuel Vázquez Montalbán, entre outros moitos).

Jordi Évole sumase así á lista de gañadores do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Ali Lmrabet (2005); Le Monde Diplomatique (2006); Jon Lee Anderson (2007); José Vidal – Beneyto (2008); Rosa María Calaf (2009); Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010); WikiLeaks (2011); o Consejo de Informativos da RTVE (2012); Mónica García Prieto (2013) e Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014) foron ata agora os galardoados coa estatuiñas das ‘Ás Ceibes’

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, creado pola Lei do Parlamento Galego 2/1999 do 24 de febreiro, e o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’ organizan o premio co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

R., 2015-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES