
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) quere amosar o seu apoio e comprensión a todas as familias que se están a negar a ter que someter aos seus fillos e fillas á revalida, unha proba antipedagóxica e competitiva. O Goberno galego vén de anunciar a realización das revalidas de 3º de educación Primaria na que participaran máis de 22.000 nenos e nenas galegas, que serán sometidos a unha proba estandarizada, sen fins educativos, cuxos resultados non van formar parte do expediente académico e que servirán unicamente para comparar o rendemento do alumnado de diferentes centros. Con esta medida redúcese deste xeito a avaliación educativa a un exercicio de comparación estandarizada, de medición de rendementos, de ranking escolar co que certificar o éxito ou o fracaso de persoas e escolas sinalou o deputado de AGE.
Dende Alternativa Galega de Esquerda consideran que o sometemento de nenos e nenas de 7 e 8 anos a probas estandarizadas, supón unha medida antipedagóxica e carente de fins educativos mais aló de fomentar a mera competencia entre alumnado e os centros educativos. A psicoloxía, a pedagoxía e a didáctica, teñen xa demostrado dende hai tempo que a avaliación debe ser continua dirixida a reconducir o axeitado desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe. A avaliación continua, partindo da avaliación inicial, permite facer os axustes precisos para garantir o correcto desenvolvemento académico e persoal do alumnado así como o deseño de medidas de reforzo e apoio para aqueles alumnos e alumnas que presenten dificultades de aprendizaxe concretas ou xeneralizadas. Estes deben ser os fins da educación e non someter ó noso sistema educativo á ditadura de informes que, como o informe Pisa da OCDE, fai medicións dirixidas, condicionadas e con frecuencia descontextualizadas da realidade obxecto de avaliación denunciou Ramón Vázquez.
Por outra banda, a proba da revalida non contemplan adaptacións metodolóxicas nin curriculares, o que significa unha discriminación ao alumnado con necesidades educativas especiais tal e como salientou o deputado Ramón Vázquez.
Alternativa Galega de Esquerda entende que as familias contrarias a este tipo de revalidas teñan decidido non someter aos seus fillos a un proceso antipedagóxico e competitivo ao que teñen dereito a renunciar se así o deciden.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.