
Nota de prensa de Queremos Galego:
A plataforma cidadá Queremos Galego, presentou aos medios de comunicación os actos que terán lugar en diferentes cidades galegas o 17 de maio ás 12 do mediodía, e xa confirmados na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, e sobre os que se irán dando máis datos a través da web www.queremosgalego.org e as redes sociais. A convocatoria terá lugar baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.
Para os representantes de Queremos Galego, o actual goberno da Xunta actúa irresponsabelmente en relación ao noso idioma, lexislando contra el por primeira vez na historia, reducindo a súa presenza no ensino e o prohibindo para as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía, e ademais, segundo Maceira, por acción ou omisión, a Xunta néganos a posibilidade elemental de recibirmos, ou mesmo de optarmos polo galego no audiovisual, na dobraxe, no lexendado de filmes e series, nos servizos de atención telefónica, na etiquetaxe, na educación infantil, na formación profesional a distancia ou na formación de adultos, na administración electrónica, na xustiza ou na saúde, nos xoguetes e xogos infantís e xuvenís, entre outros.
Despois da masiva manifestación do 8 de febreiro, a única resposta que obtivo a sociedade galega foi un anuncio propagadísitico, con máis nome que conteúdo, en referencia ao Documento estrutural básico de dinamización da lingua galega no tecido económico, anunciado onte polo goberno galego e que malia as reiteradas solicitudes de envío por parte do portavoz de Queremos Galego á Secretaria Xeral de Política Lingüísitica, tivo que obter case clandestinamente, segundo afirmou.
Para Queremos Galego, a lingua galega non precisa propaganda. Precisa accións concretas a favor dela, aprobadas unanimemente hai 10 anos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que non só está sen activar senón que ademais toda a acción de goberno nos últimos 6 anos foi na súa contra. Para o portavoz da plataforma Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, dá a sensación de que é un anuncio máis para rebaixar na práctica o contido do xa acordado por unanimidade en 2014, algo que non consentiremos.
Se o goberno galego realmente quixese comezar a traballar a favor do galego, comezaría por derrogar o decretazo do ensino, e deixaría de proscribir o termo normalización como está a facer, malia ser o termo empregado polo Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o PXNLG. Faino porque é un termo indicativo da vontade de actuar para que a lingua propia de Galiza teña unha desenvolvemento plenamente normal, engadíu.
Queremos Galego fixo , por último un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, mais tamén nos días previos e a partir desa data. O pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos, activándose os 365 días dos ano.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.