Noticias

La Diputación Provincial de Lugo se ofrece a financiar el servicio de hemodinámica en el HULA

José Ramón Gómez Besteiro, presidente de la Diputación Provincial de Lugo, presentaba una moción del grupo provincial socialista en la que se ofrece a financiar la puesta en marcha un servicio 24 horas de hemodinámica en el Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). El organismo provincial lanza este compromiso ante la Xunta tras las peticiones de los vecinos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Lugo:

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, e o Presidente da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo, Jesús Vázquez, anunciou que o grupo provincial socialista levará unha moción ao vindeiro Pleno na que a Deputación de Lugo lle ofrece á Presidencia da Xunta de Galicia financiar a posta en marcha no Hula do servizo de Hemodinámica 24 horas.

Gómez Besteiro destacou que “poñerei en coñecemento de Feijóo o acordado no Pleno. Remataron as excusas de mal pagador, ao igual que remataron as excusas para colaborar co 1º centro público de recría ou coa rede pública de residencias e centro de día nos Concellos lugueses. Seguen vixentes as reivindicacións da Deputación para dotar a Lugo de Radioterapia e Medicina Nuclear”.

Lara Méndez destacou que “a Conselleira de Sanidade xa non é un interlocutor válido. Esta proposta é para Feijóo, que debe decidir se posicionarse ao lado dos lucenses ou ben a carón da Conselleira reprobada”.

Jesús Vázquez cualificou a medida de Gómez Besteiro como “un acto de auténtica valentía e de xustiza. Asumimos a paternidade desta medida, posto que durante as Xuntanzas Participativos do Orzamento da Deputación, pedimos ao organismo provincial que fixese todo o posible para dotar a Lugo de servizos sanitarios básicos, sabendo que non é súa a competencia, xa que é da Xunta de Galicia. Fixémolo ante a negativa do Goberno galego e porque queremos que as institucións respondan”.

O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais de Lugo engadiu que “este mesmo mes cúmprense 4 anos do compromiso público de Feijóo de dotar ao Hula de servizos sanitarios básicos nun prazo de 3 meses. En pouco tempo virá á provincia a celebrar algún mitin, polo que lle pedimos que pida perdón aos lucenses por castigar a esta provincia durante tanto tempo. Hai un ano Lugo nin tan sequera tiña Hemodinámica, hoxe con horario de oficina. Seguimos sendo a única provincia galega que non conta con Radioterapia e Medicina Nuclear, cando os propios profesionais aseguran que o Hula cumpre con todos os requisitos para ter estas prestacións. Non telas é un capricho e castigo institucional. Feijóo debe pedir perdón”. Jesús Vázquez apuntou que “non pararemos ata ter todos estes servizos en Lugo”, polo que avanzou a posta en marcha de novas campañas de sensibilización cidadá nas que se repartirán 10.000 banderolas e camisetas vermellas.

A Deputación comprometeuse cos veciños durante os Orzamentos Participativos a emprender todas as medidas necesarias en defensa da dotación de servizos sanitarios na provincia. “A primeira medida foi reprobar á Conselleira de Sanidade que, co consentemento de Feijóo, negou de xeito reiterado servizos sanitarios vitais para Lugo e que teñen outras provincias galegas, menosprezando aos máis de 40.000 lucenses que impulsaron a ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego”, apuntou Besteiro.

“Este compromiso cos veciños, xunto aos reveladores datos do INE sobre mortalidade e as indubidables valoracións dos expertos, lévanos a poner en marcha esta nova medida, ofrecéndolle á Xunta financiamento para poner en marcha Hemodinámica 24 horas”, explicou o Presidente da Deputación.

A mortalidade por infarto agudo de miocardio en Lugo duplica a media estatal. “Non son datos da Deputación, son os datos máis recentes do INE, correspondentes ao ano 2013”, destacou Besteiro. O propio INE afirma que en Lugo hai 76 mortes por cada 100.000 habitantes mentres que a media estatal é de 35 mortes. “Se analizamos os datos por provincia, é evidente que existe unha clara diferenza entre contar co servizo de hemodinámica 24 horas ou non telo nestas condicións. Por exemplo, en Pontevedra, onde o servizo é ininterrompido, prodúcense 33 mortes por cada mil habitantes, lonxe das 76 mortes en Lugo”, subliñou Besteiro.

“A Xunta oculta os datos oficiais do SERGAS. A Consellería de Sanidade vetoullos ata en dúas ocasións ao Valedor do Pobo, que acaba de denuncialo no seu último informe publicado a semana pasada”, engadiu o titular provincial.

O xefe de Cardioloxía do Hula, o cardiólogo Carlos González Juanatey, asegurou que unha sala de Hemodinámica 24 horas no HULA tería un impacto indubidable na redución do índice de mortalidade dos infartados en Lugo, posto que o 60% dos casos son atendidos na Coruña e só 1 de cada 3 reciben atención en menos de 120 minutos. Juanatey asegurou que o único custe que suporía contar con Hemodinámica as 24 horas só sería o de contar cun hemodinamista máis e unha enfermeira, o que suporían 100.000 euros ao ano. E máis, con hemodinámica 24 horas en Lugo poderíanse evitar uns 100 traslados anuais, co que se aforrarría a mesma cantidade, os 100.000 euros. Por todo isto, a Deputación de Lugo vai un paso máis alá”, destacou Gómez Besteiro.

R., 2015-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES